FIN DE SEMANA IMPORTANTE PARA O CLUB NATACIÓN ARTEIXO

Información
Deportes 16 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Nerea IglesiasEsta será unha fin de semana movida para o Club Natación Arteixo, participando en dúas competicións moi importantes.

O xoves pola tarde comeza o primeiro Campionato de España en piscina de 50 metros que se celebra na cidade de A Coruña. Trátase do Campionato de España de categoría Alevín e o Club Natación Sarval Arteixo terá a súa representación coa nadadora Nerea Iglesias Esta xoven nadadora, recentemente gañadora de dúas medallas no Campionato Galego da súa categoría, participará en dúas probas, 100 libre o venres e 100 braza o sábado.

A competición celébrase na Casa da Auga, Sabemos que este evento será un éxito, esperando que esta piscina se converta así nun dos referentes para celebrar este tipo de competicións.

Por outra banda, o equipo de categoría infantil trasládase a Ourense para participar no evento de verán máis importante, o Campionato Galego. O CNA participa con sete nadadores e unha nadadora, 24 probas individuais e 3 remudas. Os compoñentes desta categoría levan dende o o campionato de inverno, celebrado en febreiro, mellorando moito, tanto nos seus adestramentos, coma nas competicións nas que participaron, xogando un gran e importante papel no ascenso a división de honra do Club Natación Arteixo. Loitarán por mellorar o 8º posto acadado na clasificación masculina do campionato de inverno.