O Campionato Galego de Traíñas dispútase en augas de Vilaxoán nas categorías masculina e feminina

Información
Deportes 21 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
Once bancadas na categoría masculina e tres na feminina disputarán mañá, mércores 22 de xullo, o Campionato Galego de Traíñas en augas do peirao de Vilaxoán. A localidade arousá acolle por segundo ano consecutivo as regatas do máximo galardón autonómico tendo como anfitrión e participante ao Club de Remo Vilaxoán. As probas comezarán ás 20:00 horas.
20.07.2015.- O XXXII Campionato de Traíñas masculino e o II feminino presentáronse hoxe na desde do club organizador coa presenza do concelleiro de Deportes, Argimiro Serén; o presidente da Federación Galega de Remo, José Prada; e o presidente do Club de Remo Vilaxoán, Rogelio Tarrío.
A proba máis importante de Galicia celébrase tradicionalmente o 25 de xullo, día festivo en toda a comunidade, a efectos de evitar interferir no calendario da competición de liga e da nacional que copan os fins de semana. Como o 25 de xulo cae este ano en sábado, a imposibilidade de dispoñer doutro día festivo ou en fin de semana, obriga á federación á organizar o Galego nun mércores.
Pese a todo, o presidente federativo augura un Campionato moi emocionante e disputado. No absoluto masculino participarán un total de 11 clubs que se medirán en tres tandas. Na primeira remarán as bancadas de Vilaxoán, Mecos e Cesantes. Na segunda Mar Mugardos, Ares, Puebla e Coruxo e na terceira Tirán, Cabo de Cruz, Samertolameu e Amegrove.
A distancia a cubrir nestas regatas será de 5.556 metros e as dúas tripulacións que fagan os mellores tempos serán as que representen a Galicia no Campionato de España que se celebrará o 1 e 2 de agosto en Castrourdiales.
Na categoría absoluta feminina haberá unha única tanda na que participarán as bancadas de Cabo de Cruz, Chapela e San Martiño do Grove. A distancia da proba feminina é de 2.778 metros.
O xurado de ámbalas dúas competicións está composto por xuíces-árbitros do Comité Galego..
O concelleiro de Deportes, Argimiro Serén, agradeceu a iniciativa do Club de Remo Vilaxoán de ofrecerse a coorganizar novamente este Campionato Galego e tamén dou as grazas á Federación por volver a elixir Vilagarcía para celebrar unha proba deste nivel. Serén reiterou a total disposición do Concello a colaborar neste tipo de eventos deportivos para os que Vilaxoán conta cunhas condicións óptimas.
Prada tamén incidiu neste aspecto, sinalando que, ademais da boa lámina de auga que presenta o peirao de Vilaxoán para a práctica do remo, Vilagarcía conta cun emprazamento estratéxico, a medida distancia entre as localidades dos clubs do norte e do sur de Galicia, que fai moi cómodos os desprazamentos de todos