CAMPIONATO DE ESPAÑA DE NATACIÓN INFANTIL

Información
Deportes 07 Agosto 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

20150804 cto esp infOs representantes do CLUB NATACIÓN SARVAL ARTEIXO no Campionato de España Infantil que se celebrou en Sabadell, David Iglesias e César Pazos, xa están de novo en casa tras debutar con éxito nesta competición.

César, que nadou o martes o 100 braza cun tempo de 1.13.46 (posto 33º) mellorou a medida que avanzou o campionato e o xoves, moito máis metido na competición, acadou unha mellor marca persoal en 200 braza (2.3471), acadando o 19º posto. Pola súa banda, David, en 200 bolboreta, acercouse á marca acadada no Galego e loitou moi ben a posición dentro da súa serie; cun tempo de 2.23.20 acadou o 40º posto nesta proba.

O balance é de satisfacción cos resultados acadados; moito máis por canto a participación nestes campionatos de España foi consecuencia duns magníficos Campionatos Galegos e porque foron quen de manter o nivel acadado en Ourense. Satisfacción tamén pola ilusión coa nova experiencia vivida, competindo xunto aos mellores. Gran colofón de tempada que seguro servirá de motivación para continuar a vindeira tempada aumentando o nivel de adestramento do CNA.