O proxecto EMERCONFO sobre a contaminación do medio mariño e a seguridade dos alimentos do mar bota a andar na USC

Información
Formación 17 Septiembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

proyectoEMERCONFOEsta semana reúnense no Instituto de Investigación e Análise Alimentario (IIAA) da USC (Campus Vida) os investigadores do proxecto ‘Novas metodoloxías para avaliar o impacto de contaminantes emerxentes nos ecosistemas mariños e os consumidores (EMERCONFO)’. Trátase da primeira xuntanza do proxecto, que bota a andar financiado cun total de 439.230 Euros pola convocatoria 2014 do Programa Estatal de Fomento da I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade do Ministerio de Economía e Competitividade e fondos FEDER.

Participan nel as Universidades de Santiago de Compostela, País Vasco (Departamento de Química Analítica e Estación Mariña de Plentzia) e as Illas Baleares (Departamento de Química) e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR). Da USC traballa o grupo de investigación de Cromatografía e Quimiometría (ChromChem) adscrito ao Departamento de Química Analítica e ao IIAA, co profesor José Benito Quintana como investigador principal do subproxecto da USC. En total asisten máis de 20 expertos e persoal externo de Bélxica, Suecia e Estados Unidos, entre outros.

 

O proxecto trata de investigar a presenza e efectos de novos contaminantes no medio mariño, tanto no eido medioambiental como no posible risco que poidan ter para a saúde dos consumidores de pescados e moluscos a través de ensaios de biodispoñibilidade e bioaccesibilidade. Para iso, o equipo da USC centrarase no desenvolvemento de métodos analíticos que permitan cubrir una amplo abano de contaminantes que doutra maneira poderían pasar inadvertidos. Posteriormente estes métodos aplicaranse a mostras de diferentes rías de Galicia e do País Vasco.

 

Tamén se prevé realizar unha modelización da dispersión dos contaminantes e a implantación dun servidor XIS (sistema de información xeográfica) ao final do proxecto que permita ao público xeral {jcomments on}.