Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O grupo de investigación en Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas (Gicema) da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC traballa na optimización dunha nova tipoloxía do sistema de contención para a construción de peiraos e illas artificiais patentada pola empresa Enxa Galicia S.L co título de Pilote Lámina.

 

A diferenza doutros sistemas clásicos empregados na construción de peiraos portuarios, o Pilote Lámina é un sistema construtivo para a contención de terreos baseado no traballo de tracción de láminas delgadas soportadas por pilotes. Os esforzos provocados polo empuxe do terreo e as cargas de uso descomponse nun traballo a tracción simple (soportado polas láminas) e outro a flexión (soportado por pilotes) conseguindo que cada elemento traballe segundo as súas propiedades específicas, o que facilita a optimización do sistema a diferentes niveis.

 

A eficacia do Pilote Lámina como construción máis económica e ecolóxica de portos foi validada coa primeira construción dun modelo a escala real no porto de Vilanova de Arousa (Pontevedra). Esta primeira experiencia construtiva con este sistema foi posible grazas á colaboración do ente Público Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, e ao financiamento obtido a través da concesión dun proxecto do programa FEDER Innterconecta, cuxa finalidade era a construción dun peirao portuario de calado medio.

 

Logo do éxito acadado co peirao construído no porto de Vilanova de Arousa, a empresa Enxa Galicia S.L. contactou novamente co Grupo de Investigación en Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas (Gicema) da USC, a fin de traballar na optimización deste novo dispositivo de contención. De feito, os investigadores do Gicema son coñecedores deste dispositivo, xa que participaran no proxecto inicial, ensaiando un modelo físico do sistema Pilote Lámina na canle de ondada-corrente da Escola Politécnica Superior, a fin de revisar o sistema de face a optimizar o seu deseño.

 

Convenio de investigación
A nova colaboración entre a empresa Enxa Galicia S.L. e o Grupo de Investigación en Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas (GICEMA) da USC materializouse na firma dun convenio de investigación que se desenvolve baixo o título ‘Análise da patente Pilote-Lámina para contención de terreos en obras marítimas: metodoloxía para a avaliación da seguridade estrutural, optimización do deseño en función das condicións construtivas’.

 

Os profesores na Escola Politécnica Superior da USC e membros do Grupo de Investigación en Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas (Gicema), Carlos Núñez Temes e Alberte Castro Ponte, e a xerente de Enxa Galicia S.L., Viviana García, presentaron este mércores o novo convenio de investigación entre a USC e a empresa pontevedresa no marco dun acto celebrado na Casa do Saber de Lugo.

 

Un dos principais obxectivos deste convenio pasa por coñecer o comportamento do sistema Pilote Lámina en infraestruturas portuarias de maior calado, a fin de comprobar se este novo dispositivo de contención mantén as prestacións que o converten nun dos sistemas máis ecolóxicos e eficientes do mercado, debido á redución de custos e de prazos de execución, entre outros beneficios.

 

Os primeiros traballos desenvolvidos neste sentido xa apuntan á idoneidade desta nova tipoloxía de sistema de contención para este tipo infraestruturas portuarias de maior calado, o que melloraría notablemente  o seu nivel de competencia no mercado internacional, segundo adiantaron os investigadores da USC.

 

Entre as características do sistema patentado pola empresa Enxa Galicia S.L destacan a escasa man de obra que necesita a súa construción e o uso de maquinaria moi sinxela que se require, ademais da importante diminución do impacto ambiental que sempre presentan este tipo de construcións.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +