Información
Enviar por ; Correo electrónico

“Porto Meloxo” de Eduardo Baamonde obra gañadora do III Concurso Ernesto Goday de pintura do Concello do Grove

Información
Diario Marítimo ; 03 Marzo 2016 ; 2718 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

6 Porto Meloxo O cadro de Eduardo Baamonde titulado “Porto Meloxo” foi elixido como gañador do III Concurso Ernesto Goday de pintura. Os membros do xurado, reunidos na mañá de onte, destacaron a alta calidade dos participantes e quixeron, ademais, engadir tres mencións especiais que acompañarán ao primeiro premio. Trátase das obras “Praza de Arriba” de Carlos Álvarez Besada, “Mariscando” de Manuel Carballeira e “Porto do Grove” de José Miguel Besada.

Tódalas obras participantes estiveron expostas na Sala de Cunchas e Sala das Dornas do Concello dende hai máis dun mes. Os membros do xurado puideron así, ver todas e cada unha delas con detalle antes de emitir o seu fallo. A entrega do premio e das mencións especiais terá lugar o vindeiro venres, 4 de marzo, precisamente na Sala das Cunchas.

O certame deste ano sufriu certo retraso con respecto as últimas edicións anteriores, derivadas da ampla actividade cultural do concello que dificultou poder realizar a montaxe e presentación da mostra das obras participantes. Confírmase que para o ano 2016 celebrarase a IV edición deste premios que homenaxean a un dos artistas fundamentais da historia da Grove se ben procederase a realizar unha revisión das bases, establecendo uns prazos concretos de exposición e fallo do xurado.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....