Especialistas de Italia, Polonia, Reino Unido, Grecia e España debaten sobre os riscos costeiros en clave económica

Información
Litoral 03 Febrero 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Estudar e definir un marco de referencia sobre os custes e beneficios da prevención e resposta ás ameazas costeiras que resultan de eventos hidrometeorolóxicos (inundacións, erosións da costa, fortes oleaxes por tormentas, aumentos no nivel do mar) e accidentes que causan vertidos de hidrocarburos. Este é o obxectivo do proxecto europeo EcosHaz (Economics of Prevention Measures Addresing Coastal Hazards), no que participan investigadores do grupo Eco-Iuris da USC, xunto con expertos/as da Universidade Pablo Olavide, da Middlesex University, da Universita degli Studi di Catania, do Maritime Institute in Gdansk e de Sigma Consultants Ltd.

Os membros do proxecto celebrarán a vindeira semana, os días 9 e 10, unha xuntanza de traballo co lema ‘Economía da prevención de riscos costeiros’, que inclúe tamén un obradoiro aberto á participación da comunidade universitaria e axentes interesados. Na tarde do martes 9, nesta sesión aberto debateranse diferentes temas de actualidade, incluíndo os plans de continxencia existentes no caso de vertidos mariños e os mapas de risco de erosión costeira, entre outras cuestións. As persoas interesadas en participar poden rexistrarase previamente enviando un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. A xornada celebrarase no Centro de Estudos Avanzados.

Ao longo de dous anos de traballo que se completarán en 2016, este proxecto internacional traballa na avaliación dos coñecementos actuais así como as deficiencias e retos detectados no proceso da análise custe-beneficio aplicados ao ámbito dos riscos costeiros en clave económica, así como no desenvolvemento dun mecanismo eficaz de intercambio de coñecemento para analizar boas prácticas tantos dos socios do proxecto como de experiencias internacionais. O labor deste equipo de expertos e expertas tamén permitira crear un sistema de información integrado con ferramentas de apoio que proporcione orientación e acceso a unha rede de asesores especializados, materiais e outros recursos en situacións de catástrofe ambiental na costa. O abano de resultados incluiría igualmente a realización de accións piloto que subliñen e mostren exemplos de boas prácticas e faciliten a adaptación dos métodos máis adecuados a cada ámbito xeográfico.