Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

José Ramón Val reclama “medidas excepcionais para situacións excepcionais” e insta ao goberno galego a que “asuma o seu papel de impulso do marisqueo”

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 15. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val Alonso, responsabilizou hoxe ao goberno galego da caída de produción e extracción de moluscos nas rías de Arousa e Pontevedra. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Pesca do Parlamento na que lle esixiu ao goberno galego “medidas excepcionais para situacións excepcionais”.

Reclamoulle ao goberno galego que “asuma o seu papel e a súa responsabilidade no impulso ao marisqueo” logo de que o propio presidente da Xunta se comprometera na súa investidura a facer do sector un “referente en Galicia” e a impulsar a incorporación de mozos e mozas. Tres anos despois, cada vez hai menos Permex e os ingresos medios sitúanse nos 486 euros, unha “cifra escandalosa”.

Criticou que a Xunta non fixera “nada” diante da preocupante caída da produción nos bancos de libre marisqueo de Galicia, e sinalou que “non foi ata o pasado xoves”, a 15 días da apertura dos bancos, cando se sentaron cos patróns maiores de Arousa e Pontevedra.

Val lamentou o desleixo do goberno galego diante dunha situación que, á marxe da caída das poboacións de Arousa pola incidencia de determinadas bacterias, os profesionais ven cómo cada ano teñen menores rendas sen que a Xunta faga “nada”.

Puxo como exemplo a situación dos Lombos do Ulla, que este ano seguirá pechado provocando unha maior presión extractiva no resto das zonas de Arousa diante da impasibilidade da Consellería de Pesca.

O parlamentario socialista advertiu que a situación é xeneralizada nas rías de Arousa e Pontevedra, que debido á contaminación e a falla de saneamento, unidas á “pouca implicación” do Goberno galego, cada ano caen a produción e, como consecuencia, os ingresos, e os mariscadores e mariscadoras ven cómo en moitos casos tan só traballan o 40 por cento dos días propostos nos plans de explotación.{jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +