Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Marisqueo

Menos lobos Sra Rosa Quintana...Que medidas está a implementar o Goberno galego para recuperar a produción nos bancos de libre marisqueo das Rías

Información
Marisqueo 23 Marzo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

A comezos de ano o Goberno galego decretou o peche administrativo dos bancos marisqueiros dos Lombos, O Bohído e Cabío pola elevada mortalidade dos bivalvos e pola escasa produción que se viña dando nos últimos anos.

Desde a aparición do parasito coñecido como

Martelia no ano 2012 o descenso de capturas é alarmante, e consecuentemente a diminución dos ingresos das mariscadoras a pé e dos rañeiros son importantes.

É certo que o propio sector ao longo de todo o ano 2015 ten reclamado un plan de medidas urxentes para combater esta situación e para paliar as perdas económicas xeradas, pero non é menos certo que moi poucas son as medidas que a Administración galega ten implementado.