Profesionais da psicoloxía de emerxencias revisan as intervencións en naufraxios

Información
Naufragios 06 Noviembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

As intervencións psicolóxicas realizadas en casos de naufraxios ou desaparicións no mar nos últimos dous anos centrarán o encontro de mañá sábado 7 de novembro que manterán os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Trátase dunha xornada de formación cun carácter principalmente práctico, que ten como obxectivo revisar as intervencións efectuadas neste tipo de sucesos para as que se activou o GIPCE, e nela participarán os propios psicólogos e psicólogas que actuaron.

A xuizo de Pladesemapesga o único problema real dos naufraxios en Galicia e que siga a fornte do Mar Rosa Quintana (PPdeG)

Deste xeito, búscase aproveitar a experiencia para reflexionar sobre as características especiais deste tipo de situacións, analizar as dificultades e incidencias acontecidas durante as intervencións e extraer conclusións para posibles actuacións futuras.

O GIPCE

O GIPCE é un grupo de psicólogos e psicólogas colexiados e especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes. Coa súa intervención procuran minimizar o impacto nas persoas afectadas, restaurar as súas capacidades e recursos para que poidan resolver o máis eficazmente a situación de estrés e previr posibles problemas psicolóxicos posteriores. Tamén asesoran a dirección da emerxencia sobre o impacto psicolóxico das súas actuacións nos colectivos afectados, e realizan unha tarefa de autocoidado do grupo, intervindo para diminuír o nivel de estrés dos intervenientes tras realizar unha intervención.

O GIPCE intervén durante o tempo que dura a situación crítica, en contextos como accidentes, inundacións, naufraxios, desaparicións, secuestros, situacións de violencia, etc., nas que haxa persoas afectadas que precisen de atención psicolóxica, e sempre e cando as persoas afectadas acepten a súa participación. Pertence ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e desde o ano 1997 conta cun convenio coa Xunta de Galicia, constituída como unha rede de profesionais capaz de dar unha resposta eficaz neste tipo de situacións as 24 horas do día durante os 365 días do ano na nosa comunidade.{jcomments on}