Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ana Miranda, portavoz BNG en BruxelasA portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, presentou unha pregunta parlamentar na Cámara europea polo “alto risco dunha nova catástrofe marítima que puido ocasionar o “Front Serenade o pasado 2 de xaneiro”. Lembra Ana Miranda que na tarde desa data, o buque petroleiro “Front Serenade”, estivo durante varias horas á deriva polo Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra. En concreto, aproximouse a unhas 14,5 millas dos baixos de Os Meixidos, fronte ao faro de Lariño en Carnota. O “Front Serenade” é un superpetroleiro de 330 metros de eslora que transportaba 300.000 toneladas de crudo.

Ana Miranda, portavoz BNG en Bruxelas

Explica a portavoz do BNG en Europa que o petroleiro, con bandeira de Liberia, dirixíase cara o porto de Róterdam (Holanda) e viña de Sidi Kerir (Exipto).

Unha asistencia moi tardía

Ana Mirana subliña que as autoridades españolas de Salvamento Marítimo tardaron varias horas en dispór do remolcador Don Inda para auxiliar o barco. “A pesar de atoparse moi próximo, sobre as 16 horas o barco tomou rumbo á costa. E non foi até as 19 horas cando o remolcador, con base no porto de Brens, saiu no seu auxilio e chegou ás 21 horas ao lugar do “Front Serenade”.

Miranda critica a tardanza das autoridades do estado español na asistencia. Asemade, denuncia que se permitise que o buque tomase rumbo cara o abrigo do Cabo Fisterra, “entrando precisamente pola rota máis perigosa, a zona dos Baixos de Meixide. Manobra que puido pór en serio risco á poboación da comarca de Fisterra, ademáis de que se trata dunha zona de alto valor ecolóxico por estar incluida na Rede Natura 2000”.

Neste sentido, a portavoz do BNG en Europa trae á memoria a grave catástrofe do Prestige, lembrando que non se incrementaron os medios destinados ao salvamento desde o sinistro, tal e como o BNG demandou en numerosas ocasións. Miranda pón de manifestó que “este tipo de incidentes son habituais fronte ao Corredor de Fisterra, por ser o principal “lugar de reguxio” natural desta zona do Atlántico”. Reprocha ao Goberno español que se negue a habilitar unha base loxística anticontaminación, e que se conte só cun remolcador.

Ademáis, de ter pechado o heliporto de Salvamento Marítimo máis próximo ao Corredor.

A portavoz do BNG en Europa interpela á Comisión Europea sobre unha serie de cuestións referidas a este tema para saber se coñece o sucedido co “Front Serenade”. “Sabe que existiu un alto risco de accidente? Vai interesarse perante o Goberno español de por que razón se tardou tanto na asistencia ao superpetroleiro, cando había un remolcador perto? Considera a Comisión que o “lugar refuxio” da ensenada do Cabo Fisterra debe contar coa necesaria dotación dunha Base Loxística Anticontaminación?{jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +