Enviar por ; Correo electrónico

O ALCALDE DE PONTE CALDELAS RECIBE NO CONSISTORIO AO PESCADOR QUE CAPTUROU UNHA TROITA DE CASI 3 QUILOS

Diario Marítimo ; 11 Abril 2016  ; 924 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Iván Díaz Lains, pescou un exemplar de gran tamaño nas inmediacións dos Pasos da Fraga, a escasos días do comezo da Festa da Troita

 

Ponte Caldelas, 11 de abril de 2016

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, recibiu no seu despacho da Casa Consistorial a Iván Díaz Lains, un xoven afeccionado á pesca deportivo, que capturou unha troita de casi 3 quilos de peso. Este exemplar foi sacado nas inmediacións dos Pasos da Fraga, que permiten atravesar o río Verdugo entre as parroquias de Caritel e Laxoso.

Andrés Díaz felicitou ao pescador pola súa captura e compartiu con el a satisfacción de que un veciño de Ponte Caldelas lograse unha troita dese tamaño a escasos días do inicio da Festa da Troita e do concurso de pesca deportiva.

O rexedor caldelano encomiou a pericia do pescador e animou aos afeccionados á pesca deportiva a que participen no concurso que se desenvolverá en Ponte Caldelas os días 28 e 29 de maio dentro do programa competitivo internacional previsto pola organización do 50 Aniversario da Festa da Troita. Así mesmo, resaltou o bo estado de conservación ambiental do río Verdugo, así como a abundancia e excelente medida da fauna piscícola existente na zona, como acredita a propia captura dun exemplar destas características.

Confesou que a situación do río e a climatoloxía, con chuvascos frecuentes que, segundo confesou, arrastra ao río todo tipo de sedimentos e pequenos invertebrados que son unha presa cobizada polas grandes troitas.

Iván Díaz Lains animou aos afeccionados á pesca fluvial deportiva a que participen no concurso da Festa da Troita e sinalou que o río se atopa este ano en situación idónea para lograr moitas e boas capturas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +