Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O BNG denuncia que hai miles de galegos e galegas para os que poder votar o 26X é unha “carreira de obstáculos” que na práctica dificulta ou mesmo os priva dun dereito fundamental, como é o caso dos mariñeiros, pero tamén dos estudantes no estranxeiro e dos traballadores e traballadoras emigradas fora do Estado, 60.000 entre 2009 e 2014 no caso de Galiza.

Nun acto simbólico de denuncia no Porto de Vigo, -en referencia á exclusión dos traballadores do mar que non poderán votar se están en alta mar-, o Bloque reclama que se habilite un sistema de voto telemático con todas garantías que lles permita aos mariñeiros e aos residentes temporalmente fora do Estado elixir aos seus representantes nas Cortes do Estado.

“@s astronautas que son cidadáns de EEUU permíteselles votar cando están na lúa, mentres que aos galegos e as galegas que estamos na terra ou no mar se lle impide o dereito efectivo ao voto”, ilustraba a portavoz nacional, Ana Pontón, que se preguntaba “por que segue pasando isto en 2016? É algo ao que ten que responder o PP”, cando hai mecanismos como a sinatura ou o DNI electrónicos que permitirían o voto rogado con todas as garantías.

Pontón salientou a situación dos mariñeiros que están en alta mar en plena marea, -que directamente non poden votar por -, e tamén a das persoas obrigadas a emigrar fora do Estado fuxindo do desemprego, que teñen moitas dificultades para exercer o voto. “Pode ser que aos señores do PP responsables desa emigración non lles interese que esas persoas voten”, explicou Pontón.

A dirixente nacionalista tamén se fixo eco das denuncias de falta de persoal dos servizos de correo e do INE, encargados de xestionar o voto por correo para o 26X.

Luís Bará, que lidera a candidatura BNG-NÓS por Pontevedra, avanzou que proporá unha modificación da Lei electoral para que os mariñeiros de altura e da mercante “deixen de estar discriminados”. “Estamos no século XXI e hai medios técnicos suficientes para facilitar o voto a este colectivo, con solucións como as xa adoptadas por outros países como Noruega ou Estonia, onde os mariñeiros poden votar nas mesmas circunstancias”, explicou.Unha ida na que afondou a tamén candidata por Vigo, Ana Miranda, que ve “inxustificable” que miles de galegos e galegas non podan exercer o seu dereito a voto.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +