FIN DO EPISODIO DE PROHIBICIÓN DE BAÑO NA PRAIA FLUVIAL DA CALZADA EN PONTE CALDELAS

Información
Playas 19 Junio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

A análise practicada polo servizo de Saúde Ambiental da Xunta de Galicia confirma que a Praia Fluvial de Ponte Caldelas, galardoada coa bandeira azul, conta cunha calidade de auga excelente.

Ponte Caldelas, 19 de xuño de 2015

          Dáse fin ó episodio sufrido na Praia Fluvial de A Calzada durante esta semana coa aparición o pasado luns dun vertido que fixo saltar todas as alarmas e orixinou a denuncia por parte do Concello de Ponte Caldelas ao Concello de A Lama ao sinalarse a EDAR deste municipio como causante do mesmo.

          Os parámetros obtidos na análise cumpren con creces os estándares esixidos por ADEAC (asociación encargada en España do Programa Bandeira Azul) para a calidade das augas das praias galardoadas.

          Esta volta a normalidade coincidiu coa visita á praia de José Palacios Aguilar, Vicepresidente Primeiro desa asociación, que quedou sumamente satisfeito do traballo realizado na praia coas diferentes reformas e instalacións levadas a cabo e que eran imperativo á hora de cumprir coas esixencias de Bandeira Azul. Reafirmou tamén o acerto que supón o apostar pola praia de Ponte Caldelas como a primeira praia fluvial de España en conseguir este galardón.

          Andrés Díaz, Alcalde de Ponte Caldelas, destacou a importancia da Bandeira Azul como unha fonte de turismo imprescindible e nestes momentos moi necesario para o noso pobo e afirmou que "non sabemos como se actuou ata o de agora nestes temas, pero o novo Goberno local ten a firme convicción da protección do noso río, da calidade das súas augas e respecto ó medio natural como prioridade". Do mesmo xeito quixo agradecer a boa labor do anterior goberno na consecución da Bandeira Azul.