Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Playas

As praias estrean bandeira azul e servizo de socorrismo

Información
Playas 07 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
As praias do Preguntorio (Vilaxoán) e Campanario (Bamio) lucen dende o sábado 4 as bandeiras azuis que as distingue pola alta calidade das súas augas e os seus servizos. Dende ese mesmo día estes areais dispoñen de servizo de vixilancia e socorrismo. Malia no ter a bandeira, as praias da Concha e Compostela contan tamén cos mesmos servizos que as de Vilaxoán e Bamio.
Acompañado polos representantes de diversos colectivos veciñais, aos que se uniron en Vilaxoán o patrón maior da confraría, Manuel Tarrío, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, as bandeiras foron izadas polo alcalde, Alberto Varela. No acto participaron tamén os concelleiros de Medioambiente, Lino Mouriño, e de Turismo, Juan Antonio Pérez Callón.
Malia os problemas habidos coa selección dos socorristas, problemas que se repetiron en numerosos concellos, finalmente puido dotarse a todos os areais do servizo de socorrismo, recorrendo para iso aos voluntarios de Protección Civil entretanto non se resolve definitivamente a selección dos catro socorristas que restan. O horario de funcionamento dos postos é de 12:00 horas da mañá ás oito da tarde.
Para coidar ao máximo o aspecto que presentan os areais, a semana pasada constituíse o denominado “comité de xestión de praias” que esixe a normativa internacional da Bandeira Azul. Do comité de praias forman parte os concelleiros de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callon, e de Servizos e Relacións Veciñais, Lino Mouriño, ademais dos técnicos de Medioambiente, Obras, Xardíns, Medioambiente, Electricidade, Turismo, Protección Civil, Policía Local e Comunicación. Como coordinador do comité foi nomeado Mario Vázquez Rubianes. Todos asistentes coincidiron en que o primeiro problema a ter en conta é posibilidade de que existen vertidos, de aí que, ademais de renovar os aparatos de bombeo en Bamio, Carril e O Preguntoiro, tamén se vai facer un seguimento diario do sistema xeral, para detectar posibles avarías pero tamén os vertidos irregulares que están causando moitos problemas.