Enviar por ; Correo electrónico

A excelente climatoloxía deixa unha afluencia moi elevada nas praias carballesas e preto de 500 atencions de botiquín na tempada 2016

Diario Marítimo ; 21 Octubre 2016  ; 746 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Rolda de prensaAs excelentes condicións climatolóxicas da tempada de verán nas praias de Razo, Baldaio-As Saíñas de Pedra do Sal marcadon a actividade da Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático do Concello este ano 2016, con maioría de días despexados nos meses de xullo, agosto e setembro. Esto supuxo, en verbas do Alcalde, Evencio Ferrero, "unha elevadísama intensidade de uso" dos areais, así como dos servizos que ofrece a Unidade de Salvamento e Socorrismo, incluídos os botiquíns, con tres en Razo, un en Baldaio-As Saíñas e un en Pedra do Sal.

Así, os socorristas atenderon 488 incidencias, das que 31 foron en xuño, 222 en xullo, 220 en agosto e 15 en setembro; e 252 en Razo, 175 en Baldaio-As Saíñas e 61 en Pedra do Sal.

A maioría dos salvamentos realizáronse na praia de Baldaio-As Saíñas, con cinco incidencias, e tamén durante o mes de xullo

O responsable de Protección Civil de Carballo, Javier Souto Facal, sinala que este ano tense rexistrado unha afluencia maior tanto en Baldaio e Pedra do Sal como nas pequenas calas existentes no litoral entre Leira (a carón da Laracha) e Santa Mariña (preto do Concello de Malpica). En todo caso, o balance de salvamentos na tempada de verán é de oito, con 3 en Razo e 5 en Baldaio-As Saíñas. En xuño rexistrouse un nas Saíñas durante a baixamar nunha zona non controlada; en xullo houbo cinco, tres en Razo -dous durante a pleamar na zona do posto de socorrismo e un durante a baixamar na Explanada-; e dous nas Saíñas, na baixamar na zona das pontes. En agosto, os dous salvamentos tamén foron nas Saíñas mentres que en setembro non se rexistrou ningún.

Picaduras de insectos e de peixe sapos

Respecto da natureza das atencións nos botiquíns, Souto Facal sinala que a ampla maioría foron por picaduras de fanecas, peixe sapos ou escarapotes, así como por picaduras de insectos. Respecto dos labores de prevención da Unidade de Salvamento e Socorrismo, subliña que a zonificación do baño contribúe a mellorar a seguridade do areal; e tamén resalta que a praia de Razo está clasificada como de alta perigosidade, debido ás súas fortes correntes e fortes mareas -con recomendación permanente de bandeira vermella- polo que lembra que dende mediados de setembro ata o comezo da tempada de 2017 as zonas de baño permanecen pechadas.

O Alcalde, Evencio Ferrero, tamén quixo agradecer aos veciños e veciñas a súa colaboración coa Unidade de Salvamento, o que redunda na mellora  seguridade de todos os usuarios e usuarias dos areaias. Do mesmo xeito, Souto Facal tivo verbas para todos os voluntarios e voluntarias e para todos e todas os socorristas, que este ano en ocasións pecharon o servizo ás 22.45 horas da noite debido ás excepcionais temperaturas e á elevada afluencia de bañistas, mesmo a última hora.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +