Información
Enviar por ; Correo electrónico

O Concello de Ourense a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil sentan as bases da colaboración institucional

Información
Diario Marítimo ; 18 Junio 2015 ; 1236 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Estableceranse traballos conxuntos de mantemento e mellora do acondicionamento dos cauces dos ríos, así como solucionar a situación do edificio do antigo bombeo do Miño, hoxe en situación ilegal e sen uso

Ourense, 18 de xuño de 2015.-


A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil estará ao carón do Concello de Ourense para levar a cabo actuacións conxuntas que redunden no mantemento e conservación das ribeiras dos ríos nos seus cauces urbanos. Así se puxo de manifesto esta mañá no primeiro encontro institucional entre o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín Muñoz, onde sentaron as bases da mellora das ribeiras dos ríos do termo municipal de Ourense, así como solucionar a situación do edificio do antigo bombeo do Miño, instalación que debe ser eliminada pois carece de uso actualmente. A caseta de bombeo está dentro do dominio público hidráulico e está en situación ilegal precisamente pola súa ubicación.

Tamén se traballará no tocante á tramitación do PXOM para darlle o impulso preciso dende a CHMS, organismo do que dependen diversos informes, algo para o que os técnicos do organismo estatal traballarán de xeito intenso e eficaz, tal e como puxo de manifesto Francisco Marín.

O alcalde de Ourense explicou que a adquisición deste compromiso institucional baséase en "traballar nas pequenas cousas que fan cidade, manténdoa coidada. De aí o compromiso de manter o coidado das ribeiras fluviais. Os ríos xogan un papel indispensable, e o seu estado de conservación debe ser fundamental". Tal e como puxo de manifesto Jesús Vázquez, as brigadas municipais están a traballar nos paseos fluviais, lembrando que a Deputación traballará tamén colaborando neste aspecto, tal e como se acordou no encontro institucional que tivo lugar o martes da Deputación Provincial.

O alcalde agradeceu expresamente a disposición amosada polo presidente da CHMS no tocante a esta liña de cooperación institucional. Así, a vindeira semana traballarán brigadas de Tragsa nos cauces do Barbaña, Barbañica e Loña. A primeiros de xullo se unirán as brigadas municipais e da Deputación Provincial para traballar nas marxes do río Miño.

É un paso significativo, segundo recalcou o alcalde, no que respecta ao esforzo e á colaboración entre administracións. "É moi importante manter o que existe en perfecto estado para poder acometer novas actuacións", dixo Jesús Vázquez. "A colaboración servirá para acelerar o PXOM e traballar de xeito conxunto, e coas mans tendidas, para chegar a acordos globais que revistan de seguridade xurídica o novo Plan Xeral, acadando así unha cidade aberta e que poida aproveitar os seus recursos".

Tamén se abordou no encontro a necesidade de sacar o proxecto básico e a obra da nova sede da CHMS na cidade, na que se primará a funcionalidade dos administrados e os propios funcionarios, dado que as actuais dependencias son insuficientes para a prestación de servizos do organismo estatal.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....