Podemos Pontevedra cree que ENCE está facendo unicamente campaña de imaxe e o seu comportamento medioambiental é pouco fiable.

Información
Galicia 17 Septiembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

ENCE leva anos dicindo que a fábrica deixará de emitir malos cheiros, e os cheiros seguen. Tamén levan anos dicindo que non contaminan, e os estudios da ría e do aire din o contrario. Tamén levan anos dicindo que xeran moito emprego e de calidade, e cada vez traballa menos xente e con peores condicións, e impiden unha explotación da nosa ría sostible económica, social e medioambiental. Tamén din que os produtores de madeira dependen en gran medida da súa actividade, e pagan menos pola madeira que outras industrias.

Dende Podemos Pontevedra cremos que o problema non é unha industria papeleira, senón a ubicación e o comportamento sobre o medio da que temos pegada á cidade de Pontevedra.

O compromiso medio ambiental de ENCE é máis que cuestionable, xa que os informes e as sentencias firmes sobre a actividade o demostran, e a día de hoxe ninguén garante que vaia cambiar este comportamento e que vaia ser motor económico para a comarca. Non o fixeron no pasado, só fan promesas de futuro. Porén a actual ubicación de ENCE é un freo para o desenvolvemento dun modelo económico sostible da comarca de Pontevedra.

É preciso un estudo en profundidade das consecuencias da presenza de ENCE na nosa ría e das alternativas máis idóneas para a explotación sostible dos nosos recursos, onde sexan os intereses da cidadanía os que se prioricen e non os intereses políticos e económicos dos consellos de administración das multinacionais.{jcomments on}