Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Lino Mouriño estivo esta mañá consultando co responsable de Obras a situación do verquido de Carril.

O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, anunciou esta mañá que o Concello e o departamento de Control de Verquidos da Xunta de Galicia traballarán conxuntamente para poñer fin ao verquido de augas residuais rexistrado nos últimos días nos areais de Carril.

 

Persoal municipal e de Augas de Galicia inspeccionarán o xoves a zona para dar coa orixe do problema e para resolvelo de forma definitiva. Mentres, o alcalde, Alberto Varela, segue á espera de que a Consellería de Medio Ambiente, responda a súa solicitude de entrevista para abordar a problemática dos saneamento de Vilagarcía, os verquidos á ría e as inundacións.

29.06.2015.- Todo parece indicar que se debe a unha conexión irregular á rede de pluviais ou una toma defectuosa á rede de saneamento por parte dun edificio próximo. Tanto nun caso como noutro, o efecto resultante é que o fluxo de residuais brota cara á praia en lugar de descorrer pola rede de saneamento. Os técnicos teñen indicios da procedencia do verquido, polo que o responsable municipal de Medio Ambiente confía en que poida quedar resolto o problema o xoves, cando se traslade tamén o persoal da Xunta.
Mouriño é consciente da mala imaxe e dos problemas de salubridade que este tipo de situacións supoñen para Vilagarcía, de aí a firme decisión do goberno local de tratar de atallar canto antes a problemática. Precisamente, esa foi a razón pola que o alcalde, na súa primeira semana de mandato, solicitou unha entrevista á conselleira de Medio Ambiente para abordar con ela os proxectos e inversións comprometidas no seu día pola Xunta para Vilagarcía para acabar cos verquidos á ria, para mellora do saneamento e para previr as inundacións. Dos 8 millóns comprometidos polo anterior conselleiro en 2013, cando presentou en Vilagarcía o Plan de Saneamento Local, non se chegou a investir nin un só euro, polo Varela pretende que a administración autonómica execute o seu compromiso e resolva unha situación sangrante como a que leva padecendo Vilagarcía hai anos.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +