Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Operarios do Concello están realizando estes días a renovación dos sistemas de bombeo en Bamio, Carril e O Preguntoiro. Con esta e outras medidas de mantemento e mellora, o goberno local quere poñer todos os medios para que se eviten os vertidos ao mar entretanto non se leva a cabo unha actuación máis ambiciosa, como a que está pendente por parte da Xunta de Galicia con fondos europeos.
01.07.2015.- Este é un dos asuntos que abordaron hoxe os membros da denominado "comité de xestión de praias", segundo a denominación esixida pola normativa da Bandeira Azul. Aínda que este distintivo, e as súas esixencias, só afectan aos areais de Bamio e O Preguntoiro, o goberno local quere que as mesmas esixencias e servizos se dean tamén nas praias da Concha-A Compostela, posto que estas seguen a ser o areal de referencia de Vilagarcía cunha gran ocupación ao longo do verán.
Do comité de praias forman parte os concelleiros de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callon, e de Servizos e Relacións Veciñais, Lino Mouriño, ademais dos técnicos de Medioambiente, Obras, Xardíns, Medioambiente, Electricidade, Turismo, Protección Civil, Policía Local e Comunicación. Como coordinador do comité foi nomeado Mario Vázquez Rubianes. Todos asistentes coincidiron en que o primeiro problema a ter en conta é posibilidade de que existen vertidos, de aí que, ademais de renovar os aparatos de bombeo en Bamio, Carril e O Preguntoiro, tamén se vai facer un seguimento diario do sistema xeral, para detectar posibles avarías pero tamén os vertidos irregulares que están causando moitos problemas.
Ademais da limpeza e a calidade das augas, o segundo obxectivo é garantir a seguridade nos areais e para iso mañá mesmo se procederá á selección dos socorristas que restan para completar o plantel que fai falla para atender mañá e tarde cada día da semana e ata mediados de setembro as praias do Preguntoiro e Bamio (ambas con bandeira azul) e as da Concha-Compostela. A intención do goberno local é que ao día seguinte asinen xa o contrato, de xeito que poidan a comezar a traballar de inmediato. Sendo así é moi probable que este sábado se proceda ao izado oficial das bandeiras.
Xunto cos dous temas anteriores, na reunión de hoxe o comité tamén abordou cuestións xerais como a limpeza dos areais e do paseo marítimo, a necesidade de que os propietarios de parcelas colindantes se implique na salubridade dos seus predios, a reordenación dos elementos publicitarios, a renovación das casetas de socorrismo, ou que facer coa herba que nace xunto ao paseo marítimo ou o miradoiro de madeira que se atopa en moi mal estado de conservación.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +