Rodas reclama medidas urxentes para que os mariñeiros embarcados podan votar nas eleccións galegas

Información
Galicia 14 Julio 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Daniel Rodas, portavoz de Pesca

Daniel Rodas, portavoz de Pesca“Non pode ser que neste mundo de tan alta teconoloxía sexamos capaz de localizar pesca a 2.000 metros de profundidade, que os astronautas poidan votar desde a lúa, os soldados desde Afganistan, pero sexamos incapaces de garantir o voto dos nosos mariñeiros embarcados”, argumentou o portavoz de Pesca, Daniel Rodas, instando a corrixir “unha situación vergoñenta e anacrónica”.

Medios telemáticos sería unha alternativa viable e confiable, como xa utilizan países como Gran Bretaña, EEUU, ou Estonia, ou mesmo instalar mesas electorais no propio buque cando sexa de pavillón estatal, que é a alternativa usada por países como Suecia.

“Podemos facer a declaración da renda, podemos facer todo tipo de operacións de compra-venda, de xestións administrativas, as grandes multinacionais fan transferencias millonarias pola rede, pero resulta que o Estado español é incapaz de habilitar o voto telemático para garantir o dereito ao voto”, denunciou Rodas.

Ademais do colectivo dos mariñeiros, aproximadamente unhas 10.000 persoas, o Bloque tamén defendiu facilitar o voto aos miles de galegos e galegas residentes no exterior por diferentes motivos, que a día de hoxe deben sortear unha serie de obstáculos que, na práctica, limitan o exercicio efectivo do voto.

Nacionalización saltos hidroeléctricos O Bloque tamén presentou unha proposición de lei reclamando a nacionalización da explotación dos saltos hidroeléctricos que existen nos ríos do país, cuxas concesións franquistas de entre 50 a 75 anos van expirar a curto prazo, para que podan ser recuperados para a xestión pública e repercutan en beneficio social.

Na defensa desta iniciativa, Carme Adán subliñou que as centrais hidroeléctricas son exemplo paradigmático de como se esquilman os recursos naturais de Galiza asumindo como país todos os custes medioambientais pero sen beneficio algún.

A proposta do Bloque incluía un plan de explotación directa dos saltos hidroeléctricos a través dunha empresa pública, aproveitando o fin da concesión e contando coa participación dos concello, proposta rexeitada polo PP. O Parlamento só deu luz verde á elaboración dun inventario no que se recolla o número de saltos e a data de expiración da concesión, así como información sobre cláusulas sociais e o seu grado de cumprimento.