A cidade de Ourense abastecerase exclusivamente de auga do río Miño desde mañá, como todos os veráns

Información
Galicia 31 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

riominoO río Miño abastecerá a cidade de Ourense de auga potable desde mañá, sábado 1 de agosto, e durante os meses de verán. Coa chegada dos meses de calor baixan os niveles de auga do río Loña no encoro de Castadón, do que tamén se canaliza a auga o resto do ano, e o Concello vese obrigado a garantir e preservar o seu caudal ecolóxico durante os 365 días.

O Servizo Municipal, que presta a empresa Viaqua, recorre a esta segunda vía de abastecemento, captando auga da marxe esquerda do río Miño, porque garante sobradamente as necesidades da cidade, Este cambio non suporá ningunha incidencia ou afectación na presión de auga para os cidadáns.

A captación desde Castadón restablecerase cando a calidade da agua alcance novamente os estandares de calidade.