Información
Enviar por ; Correo electrónico

Concello e Autoridade Portuaria buscarán a mellor fórmula que permita o uso público do Ramal

Información
Diario Marítimo ; 31 Julio 2015 ; 1462 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

concelloeportodevilagraciaO Concello e a Autoridade Portuaria buscarán a mellor fórmula administrativa, xurídica e mesmo urbanística que permita o uso público do peirao do Ramal.

Así o acordaron hoxe o alcalde, Alberto Varela, e a presidenta do ente portuario, Sagrario Franco, na súa primeira reunión dende que o primeiro tomou posesión. Partindo da premisa común de que as dúas institucións deben traballar xuntas en beneficio de Vilagarcía, pero tamén da comarca, Varela e Franco volverán a reunirse a finais de agosto, pero desta volta na sede do Porto e logo dunha visita ao peirao comercial.

Tendo en conta o carácter desta primeira xuntanza, cun claro compoñente protocolario e polo tanto tamén nun ambiente cordial e distendido, alcalde e presidenta non entraron a fondo nos principais asuntos que competen a ambas institucións, pero si quedaron definidas as perspectivas coas que cada un afronta eses asuntos.

Así, por exemplo, tanto Varela coma Franco coincidiron en valorar como positivo para a cidade a liberación do Ramal dos usos estritamente portuarios facilitando así o seu uso público, sen que iso signifique necesariamente que o Porto renuncie á titularidade dos terreos, como sucedeu co parque Miguel Hernández ou a explanada TIR, por citar dous casos recentes.

Os técnicos serán os que teñan que estudar e propoñer a mellor fórmula para levar adiante un proxecto que, como se sabe, é unha peza fundamental para deseñar a liña litoral da Vilagarcía do futuro que pretende o goberno local.

Tamén houbo coincidencia na vella reivindicación municipal de abrir a desembocadura do río do Con. Sagrario Franco subliñou que a concesión da que goza actualmente a empresa Moral Riestra é en precario –tecnicamente, revocable cando se execute un proxecto-, de xeito que cando o Concello, de acordo con Augas de Galicia, desexe realizar as obras, a Autoridade non porá ningún impedimento.

PLAN ESPECIAL E COMANDANCIA

Na mesma xuntanza, Sagrario Franco pediu ao alcalde celeridade na tramitación e aprobación da modificación do Plan Especial do Porto, integrado no Plan Xeral, por canto, por unha banda, é preciso adaptalo aos cambios realizados nos últimos anos e, pola outra, é un instrumento imprescindible para o desenvolvemento e planificación futura da propia actividade portuaria.

Onde houbo menos acordo foi na cuestión da antiga Comandancia de Mariña. Como é coñecido, o goberno local aposta por convertela nun centro de saúde que dea saída a evidente necesidade de mellorar a atención primaria na cidade, con bos accesos e facilidade para aparcar.

A presidenta da Autoridade Portuaria lembroulle ao alcalde que o convenio co Ministerio de Defensa xa está asinado e polo tanto non considera viable o proxecto municipal. Con todo, o rexedor seguirá insistindo diante das administracións correspondentes no proxecto do centro de saúde

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....