Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Sestayo pide “explicacións inmediatas” ante esta “grave irresponsabilidade” e o “engano aos veciños”, que pagaron recibos semestrais de entre 50 e 70 euros sen que a auga fose depurada

Os socialistas veñen de rexistrar unha petición de comparecencia urxente do Goberno galego no Parlamento para dar “explicacións inmediatas” sobre a “estafa” da depuradora do Prioriño, en Ferrol, cun investimento millonario de fondos públicos e que nunca chegou a depurar, senón que botaba as augas residuais directamente ao mar sen o tratamento adecuado. “Queremos saber inmediatamente se os responsables da Xunta e o anterior goberno local tiñan coñecemento desta estafa”, afirma a deputada socialista Beatriz Sestayo.

Sestayo lembra que os veciños pagaron recibos semestrais de entre 50 e 70 euros, máis no caso dos negocios e empresas, “por un servizo que era un fraude”, ademais das consecuencias medioambietais por unha “irresponsabilidade absoluta” na xestión de Emafesa e Urbaser, o seu socio privado na empresa mixta.

“Tivemos que escoitar ao propio Feijóo colgarse medallas no Parlamento pola EDAR, e a conselleira veu hai uns meses a facerse fotos co anterior alcalde e a contarnos a película de que se tiñan depurado 1,5 millóns de metros cúbicos; agora sabemos que todo era falso”, di Sestayo, que lembra que “os principais representantes do PP fixeron alarde da súa xestión” coa depuradora e agora “teñen que explicar se tamén son cómplices deste engano masivo”. {jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +