Enviar por ; Correo electrónico

A Xunta recoñece danos de Ferroatlántica a hábitats e especies protexidas no Xallas: a que espera para parar as obras?

Diario Marítimo ; 20 Octubre 2015  ; 993 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Unha tramitación chafalleira ou un escandaloso favoritismo con Villar-Mir?

¡

Todo o proceso administrativo destes 3 novos aproveitamentos hidroeléctricos no Xallas (Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo) está salferido de irreguraridades:
-Para comezar, en 2002 Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formula as declaracións de efectos ambientais das centrais hidroeléctricas de Fervenza II (9 de abril de 2002), Ponte Olveira II (11 de abril de 2002) e Novo Castrelo (15 de abril de 2002). Os trámites fixéronse ao abeiro do Decreto galego 327/1991 de 4 de outubro, de declaración de efectos ambientais de proxectos (hoxe derrogado) e non do Decreto 442/1990 de 13 setembro de avaliación de impacto ambiental. Deste xeito a tramitación ambiental destas tres instalacións foi máis sinxela e os requerimentos dos estudos de efectos ambientais (que Ferroatlántica S.L. presentara xa en 2000), así como os condicionados ambientais emitidos pola administración foron menos rigorosos.
-O 8 de xaneiro de 2004 o organismo autónomo Augas de Galicia resolveu aprobar, para a bacía do Xallas, as modificacións concesionais que implicaban ampliacións de caudal de 32.000 l/s para aproveitamento hidroeléctrico de Fervenza; de 35.000l/s para o aproveitamento de Ponte Olveira e de 35.000 l/s para o de Castrelo, ampliacións destinadas a subministrar caudal aos novos aproveitamentos de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo. Deste xeito o caudal detraído ao río Xallas por estes aproveitamentos incrementouse nun 200% aumentando a presión hidroeléctrica e a deterioración da calidade ecolóxica desta bacía, a máis intensamente explotada da demarcación de Galiza-Costa.
-En xuño de 2005, poucos días despois das eleccións galegas nas que o PP saíu da Xunta e co governo en funcións, o organismo autónomo Augas de Galiza aprobou os proxectos construtivos modificados dos aproveitamentos Fervenza II e Ponte Olveira II (21 de xuño) e Castrelo II –ou Novo Castrelo-(28 de xuño).
-Tras a entrada do governo bipartito a finais do verán de 2005, a consellaría de Medio Ambiente publica o Decreto 555/2005 de 10 de novembro, polo que se adoptan medidas provisionais en relación coa utilización do dominio público hidráulico. Estas medidas consistían basicamente na paralización da tramitación administrativa das solicitudes de aproveitamento hidroeléctrico até a revisión do Plano sectorial hidroeléctrico das bacías de Galiza-Costa. Excluíanse as concesións outorgadas con anterioridade á data deste decreto, como foi o caso das 3 de Villar-Mir no Xallas. O Decreto 555/2005 ficou derrogado polo PP através da disposición derrogatoria única do Decreto 1/2015, de 15 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galiza. Mentres, o Plano sectorial hidroeléctrico das bacías de Galiza-Costa aprobado por Fraga en 200, segue en vigor malia a terse iniciado o trámite de revisión en 2009...
-En maio de 2006 Ferroatlántica, S.L. presentou os proxectos sectoriais de modificación dos aproveitamentos de Novo Castrelo (16 de maio), Ponte Olveira II e Fervenza II (22 de xuño).
-En xullo de 2007 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas publica as resolucións polas que se aproban e autorizan os proxectos de execución dos aproveitamentos hidroeléctricos de Ponte Olveira II (17 de xullo), Fervenza II (19 de xullo) e Novo Castrelo (20 de xullo). Nestas resolucións fíxase un prazo de 24 meses para a execución das obras a partires da datas das resolucións (31 de maio de 2007 para os tres aproveitamentos).
-En maio de 2009 venceu o prazo de dous anos dado en 2007 para a execución dos tres aproveitamentos no Xallas sen que as obras foran realizadas. Vencido este prazo e ante as informacións de que Ferroatlántica S.L. pretendía solicitar unha prórroga (cuestión esta da que non temos constancia documental, malia a telo solicitado en xullo de 2009 á Consellaría de Industria ao abeiro da Lei 27/2006 de dereito ao acceso á información, participación pública e á xustiza en materia demedio ambiente) ADEGA solicitou en xuño de 2010 á Consellaría de Industria que iniciara os respeitivos expedientes de extinción por causa de caducidade dos títulos concesionais dado o incumprimento das cláusulas relativas aos prazos de execución das obras (artigo 66 do RDL 1/2001 polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas).
-O 30 de maio de 2012 publícanse as resolucións do Consello da Xunta de 2 de febreiro de 2012 polo que se aproban os proxectos sectoriais de modificación dos aproveitamentos hidroeléctricos no río Xallas, saltos de Ponte Olveira II, Fervenza II e Novo Castrelo.
-Finalmente en 2013 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolve declarar a utilidade pública das instalacións de aproveitamento hidroeléctrico das centrais de Ponte Olveira II e Novo Castrelo (26 de xullo) e Fervenza II (23 de setembro). En 2014 comezan as obras dos tres novos aproveitamentos de Ferroatlántica S.L. no río Xallas, obras que nestes intres están en marcha e que teñen previsto rematar en 2016.

O desleixo cómplice da Xunta provocou os danos agora recoñecidos

Este comportamento inhibitorio -por non dicir desleixo- por salvagardar o interese que a conservación destes hábitats e especies ten para a cidadanía, derivou nun grave prexuízo ao noso patrimonio natural, xa que:
-Os estudos da afección ambiental destas instalacións (estudo de efectos ambientais) presentados por Ferroatlántica S.L. datan do ano 2000. Os 14 anos transcorridos entre a realización do estudo ambiental e o comezo das obras tradúcese nun desfase na metodoloxía de estudo, as fontes de información e os requerimentos actuais da lexislación ambiental.
-En 2004 apróbase a proposta de espazos da Rede Natura 2000 de Galiza (Decreto 72/2004) consecuencia de trasladar ao ordeamento xurídico galego a protección dos hábitats e especies de interese europeo consagrados pola Directiva 92/43/CEE de Hábitats. E 10 anos despois, en 2014 apróbase Decreto 37/2014, de 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galiza e se aproba o Plano Director da Rede Natura 2000. Sorprendentemente, a área en cuestión (que acolle a Devesa de Anllares, o bosque atlántico máis occidental de Europa) non foi incluída en ningún espazo da actual Rede Natura 2000, aínda que en 2008 a Xunta (governo bipartito) presentara unha proposta de ampliación (desbotada posteriormente polo PP) que incluía este treito do Xallas e Devesa de Anllares dentro da ZEC Carnota-Monte Pindo. Porén a presenza de hábitats e especies incluidas nos anexos da Directiva 92/43/CEE implica a necesidade de avaliar axeitadamente as afeccións das que poidan ser obxecto estes elementos protexidos. Nun informe asinado por investigadores/as das tres universidades galegas, detállanse os impactos causados polas obres de Villar-Mir sobre os hábitats e especies protexidas.
-O Decreto 88/2007, do 19 de abril que aprobou o Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) establece unha relación de especies de necesaria protección debido á súa rareza, grao de ameaza ou situación ecolóxica. O informe de investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, as obras que Ferroatlántica S.L, está a desenvolver no Xallas teñen causado graves danos a especies protexidas e endemismos incluidos no CGEA tanto vulnerábeis como en perigo de extinción.
Non faltaron ocasións nas que ecoloxistas e investigadores/as advertimos á administración dos danos irreversíbeis aos bens públicos que podían causar estas instalacións. O comportamento inibitorio da Xunta a este respeito causou graves danos ao patrimonio público, danos cuxas responsabilidades depurará a Fiscalía Ambiental do TSXG.
Porén, e perante o recoñecemento destes danos, a Xunta ten a obriga de paralisar as obras e aplicar a Lei de Conservación da Natureza que considera estes feitos como infracción moi grave. O contrario será a proba do nove de até onde chega a submisión dunha administración aos intereses de Villar-Mir, e de que os "papeis de Bárcenas" e as revelacións do "caso Gürtell" son algo máis que "falsedades, salvo alguna cosa".

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +