Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Consellería do Mar Xunta de Galicia

O PP prepara a prórroga para ENCE por outros 75 anos cos parabéns da Xunta (Feijóo, PPdeG)..O pelotazo ambiental do siglo

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 17 Noviembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Hai présa por deixar a ENCE "atada y bien atada" á ría de Pontevedra denantes do 20D. Un cambio de goberno podería paralisar a solicitude de prórroga, comprometendo o negocio da pasteira, habitual refuxio de políticos do PP xa amortizados

Informe favorábel da Xunta á pasteira: era visto

Logo de que en 2013 a Xunta concedera a Autorización Ambientai Integrada (AAI) á pasteira, cunha validez de 4 anos, ficou claro que para o PP a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra era algo vital. Malia a que coa boca pequena o daquela conselleiro Agustín Hernández insistía en que ENCE tiña que abandonar Lourizán denantes do remate da prórroga (2018), ficaba claro que non era este o horizonte temporal no que o PP estaba a pensar.
Para iso, introduciron modificacións chave na Lei de Costas para ampliar as concesións e os dereitos de explotación de 30 a 75 anos, trasladando o centro de decisión ao estado e ficando a Xunta como mera comparsa: o informe preceitivo do órgano autonómico para conceder a prórroga sería "determinante" mais non "vinculante". Dixera o que dixera a Xunta, o ministerio de medio ambiente -fornecedor de cargos para o consello de administración de ENCE, e.g. Isabel Tocino- é quen resolve.
Polo que atinxe á Xunta, non lle queda outra que ver en calidade de convidada de pedra, como dende Madrid fan e desfán nas nosas costas modificando servidumes, ampliando concesións e en definitiva, desprotexendo un dos litorais máis biodiversos e produtivos do mundo. O seu papel baixo o goberno do PP variou dende a firmeza impostada "ENCE terá que cumprir a lei e abandonar a actual ubicación denantes do remate da prórroga" obrigada polo imperativo legal; á complicidade pouco disimulada coa pasteira despois de que a modificación da lei de Costas déralle azos á empresa.
Finalmente, hai uns días a Xunta enviou a Madrid o seu informe sobre a solicitude de prórroga, que como non podía ser doutro xeito e en coerencia co permiso ambiental (AAI) concedido en 2013, é favorábel. Malia a que a última palabra tena o estado, resultaría moi difícil non incomodar á pasteira cun informe negativo para "quedar ben" coa sociedade galega, habida conta de que ENCE adoita ser plácido retiro alén de ex-ministras, tamén de conselleiros (Carlos Del Álamo, casualmente de medio ambiente).

Recuperar a capacidade de decisión e as competencias sobre as nosas costas

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo." width="417" height="272">

Tras de todo este noxento culebrón político-administrativo, dos intereses económicos e das portas xiratorias, emerxe unha cuestión chave sobre a que case sempre se evita debater: a necesidade de xestionarmos dende Galiza, con plenas competencias, o noso litoral. Para alén das augas interiores e contrariamente ao que acontece co noso vento e cos nosos ríos (non todos, por certo) as competencias da Xunta rematan na liña de costa.
O debate sobre as competencias na xestión da nosa costa adoita estar viciado de argumentos chauvinistas: que se o estado defende millor os intereses xerais, que é preciso unha xestión coerente de todo o litoral, mesmo que a Xunta faríao moito pior... Todas e cada unha destas consideracións véñense abaixo fronte á realidade: a modificación partidista da lei de Costas acometida polo PP dinamitou o interese xeral, consolidando a arbitrariedade e facilitando a enaxenación da costa aos intereses económicos privados.
ADEGA leva reivindicando a soberanía galega sobre as nosas costas moitos anos, para que entre outras cousas, non nos impoñan dende fóra nucleares, celulosas ou teñamos que pedir permisos e medios a políticos mesetarios para combater as recorrentes mareas negras. Agora diante deste novo periodo electoral, queremos trasladar aos diferentes partidos, coalicións e agrupacións eleitorais que concorren a necesidade de reclamar a plena capacidade de decisión de Galiza sobre as súas costas e, como compromiso urxente, a necesidade de derrogar as modificacións introducidas polo PP na lei de Costas, principal apoio para a permanencia da celulosa na ría de Pontevedra.

Ligazóns

Novas relacionadas