Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Consellería do Mar Xunta de Galicia

Daniel Rodas acusa a Quintana de aceptar unhas cotas do cerco que discriminan a Galiza

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 06 Enero 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Daniel RodasO deputado  preguntou que medidas ten adoptado o Goberno galego para reclamar o cambio actual de cotas que aboca a flota do cerco ao abandono da actividade e o desmantelamento

Daniel Rodas

O parlamentario do BNG, Daniel Rodas interpelou hoxe á conselleira do Mar, Rosa Quintana sobre as medidas adoptadas polo goberno para reclamar o cambio do actual modelo de reparto no cerco que “discrimina” a Galiza.

Na súa intevención o deputado aludiu aos dous meses que levan acampados os armadores do cerco nas inmediacións da Xunta sen que o Goberno tomara medidas. Vostedes inquririu,  non defenden o colectivo que representa un modelo de pesca responsable e sostible.

Pola súa parte a conselleira respondeu ao nacionalista que os criterios utilizados para o reparto son os que máis benefician a flota galega “nun 20%” e o sector sabeo. Sobre os peches das pesquerias sen ter actualizado os datos como preguntou o deputado, a conselleira asegurou que son “peches preventivos” e polo tanto necesarios para non chegar a ser sancionados.

O nacionalista replicou a Quintana que “fai trampas” ao afirmar que a xestión colectiva suporía o 20% menos de cotas, “nós, recalcou, non temos porque aceptar que se computen os supostos dereitos históricos dende o ano 2002 ao 2012 nin  debemos aceptar que nos históricos sexa computada “o exceso” de cota que pescaron algúns e que nós non o pescamos.

O deputado preguntou á conselleira porqué non pon en valor os criterios que a flota defendeu dende hai trinta e tres anos con cotas diarias e descansos semanais e asegurou que non pode haber “consenso” no sector porque o modelo que defende o Goberno galego supón concentrar nuns poucos barcos todos os dereitos da flota galega condenándoa a abandonar a activade e o despezamento.

Hai dous anos perdemos a posibilidade de establecer unha negociación beneficiosa para a sardiña, o bocarte e a xarda e agora vostedes, “volven a colocar no precipicio a flota do cerco ao non aceptar cambiar os criterios de reparto” polo que pediu unha rectificación e que a consellería non lle dea as costas ao sector do cerco.