Enviar por ; Correo electrónico

O PPdeG négase a tomar medidas de protección no dragado da ría do Burgo

Diario Marítimo ; 09 Abril 2016  ; 785 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O deputado, Francisco Jorquera tamén reclamou axudas para os mariscadores durante o período de dragado da ría

O parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe unha proposición non de lei destinada rexenerar de maneira “integral” a Ría do Burgo e a concesión de axudas aos mariscadores durante o período de dragado.

O voto contrario do Partido popular impediu que a iniciativa do BNG prosperara. En opinión do nacionalista, hoxe o PP di que non a que “ o plan de dragado vaia acompañado de medidas de protección do ecosistema, a un plan de vixiancia para o control da calidade das augas, a estanquidade de lodos, a unha comisión de seguimento e as axudas a mariscadores no período do dragado”.

Na súa intervención Jorquera salientou que as plataformas en defensa da rías, representadas por diversos colectivos, entregron un documento á Comisión de Pesca do Parlamento europeo demandando un maior compromiso na protección do noso medio mariño e dos sectores produtivos tradicionais ligados ao mesmo. Un claro exemplo desta degradación, afirmou “é a Ría do Burgo” sometida a unha forte presión urbanística e no pasado tamén a presión industrial.

 Francisco Jorquera

Francisco Jorquera

O nacionalista denunciou que durante anos non se levaron a cabo medias efectivas de protección e rexeneración o que porvocou que a ría pasara de dar traballo a dous mil mariscadores nos anos 80 a que na actualidade menos de cen persoas desenvolvan actividades extractivas.

Despois de moitos incumprimentos, por fin vaise a acometer o dragado da ría para tratar os sedimentos contaminados a través dun proxecto do Ministerio de Medio Ambiente, proxecto que en opinión do nacionalista, contén “inconcrecións e insuficiencias que é necesario corrixir” polo que propuxo que se adopten medidas de protección ao ecosistema durante o dragado, vixiancia que inclúa un control exhaustivo da calidade das augas, estanquidade dos recintos de confinamento dos lodos e sexa constituída unha comisión de seguimento intergrada por representantes das distintas adminsitracións, a Universidade da Coruña e axentes implicados porque descoñecemos, dixo, que “medidas concretas se van adoptar para extremar a protección ambiental”

Por outra parte, Jorquera tamén defendeu establecer axudas pra compensar aos mariscadores/as durante o período de inactividade porque os “traballos de dragado son incompatíbeis cos labores de marisqueo”. Asemade reclamou que “a rexeneración da Ría do Burgo sexa un proxecto integral que vai alén do dragado”.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +