Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Galicia
Categoría: Consellería do Mar Xunta de Galicia

O FRACASO DA XUNTA OBRIGA A COTIZAR EN FRANCIA AOS MARIÑEIROS GALEGOS EN BUQUES DE ARMADORES PROPIOS PERO CON BANDEIRA DO PAÍS VECIÑO

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 15 Junio 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

José Ramón Val censura o desleixo do goberno galego á hora de buscar unha solución legal e un convenio bilateral específico para estes traballadores

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 16. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, lamentou hoxe o “fracaso” da Xunta de Galicia e do goberno central á hora de solucionar a situación dos mariñeiros galegos en buques de armador galego pero baixo bandeira francesa. No debate dunha pregunta socialista en Comisión, a Xunta recoñeceu que estes tripulantes terán que cotizar no sistema de Seguridade Social francés.

O parlamentario socialista lamentou que os gobernos central e autonómico fracasaran á hora de conseguir un convenio bilateral co país veciño para buscar unha solución legal aos 530 tripulantes de máis de 50 embarcacións dos portos de Vigo, Marín, Coruña, Cedeira, Celeiro e Burela. Estes traballadores teñen que darse de alta progresivamente no país veciño, deixando de cotizar en España e renunciando á súa cobertura laboral.

Esixiulle ao goberno galego que “resolva canto antes unha situación difícil para unha importante cantidade de barcos galegos con traballadores galegos pero abandeirados en terceiros países”, aos que de aplicárselles o Regulamento 883/2004 da UE, deberían poder cotizar no seu país de orixe, pero ao non aplicarse teñen que responder da normativa laboral do país de bandeira.