A INCAPACIDAD de Rosa Quintana chega a tal punto que financia una aplicación móvil para a Xunta recomendando consumir o Santiaguiño en época de veda

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 30 Mayo 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista alertou hoxe de que a aplicación móbil da Consellería do Mar “Non peques, non piques”, destinada a ofrecer datos sobre vedas, época óptima de consumo e tallas mínimas anima a consumir o santiaguiño en plena época de veda. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Pesca de hoxe, que foi vetada polo PP.

 

A responsable socialista advirte que, segundo esta app, a “época óptima de consumo” é o mes de xullo para un crustáceo que, segundo o Plan Xeral de Explotación Marisqueira, só se pode pescar entre o 1 e o 5 de xaneiro e entre o 1 de outubro e o 30 de decembro. Toja concluíu que “o santiaguiño se atoparía en veda na época óptima para o seu consumo”.

Sinala que a nova aplicación móbil, posta en marcha na Semana Santa, “anima a non respectar o tempo de veda, infrinxindo a legalidade”. Algo semellante sucede co polbo, explicou, que a Consellería recomenda consumir durante todo o ano, esquecendo que esta especie dispón dunha veda dun mes.

Toja puntualizou que “nos parece que a aplicación pode ser útil, pero o certo é que tal cal está induce a erro, induce a consumir en época de veda, especialmente o santiaguiño”. Por iso reclamou “adecuar os períodos de recomendación de consumo de peixes bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos, gasterópodos e peixes, aos períodos nos que o seu consumo estea autorizado, e non en período de veda”.