DENUNCIAN A INCAPACIDADE MANIFESTA DA CONSELLEIRA DO MAR ROSA QUINTANANA “CHAPUZA” DO CONCURSO PARA OS HELICÓPTEROS DE SALVAMENTO MARÍTIMO

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 09 Junio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

Loli Toja alerta que a “xestión nefasta e temeraria” do goberno galego deixa a Galicia sen servizo de gardacostas

Santiago de Compostela, 09 de xuño de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, denunciou hoxe a “incapacidade manifesta para xestionar recursos públicos” por parte da conselleira de Mar logo da “chapuza” do concurso para contratar os helicópteros de salvamento marítimo, que vén de ficar deserto.

 

Logo da xestión do PP, lembrou, que en 2012 malvendeu a unha empresa privada as dúas naves das que dispuñamos, hoxe “non temos nin helicópteros e corremos o risco de quedar sen servizo de Salvamento”. Acusou ao goberno galego de “xogar coa seguridade dos nosos traballadores do mar” e esixiulle que garanta a continuidade do servizo.

A responsable socialista explica que logo da venda por 12 millóns de euros de dúas naves que custaran 27, nunha operación cuestionada mesmo polo Consello de Contas, pasou de gastar 2 millóns de euros ao ano por este servizo en 2005, a pagar en torno a 9 millóns a partir de 2012, a pesares de non ter “nin aeronaves, nin persoal propio”.

O servizo foi subcontratado con Inaer, actualmente Babcock España, que se retirou do concurso este ano cando o goberno galego intentou rebaixar a contía a 7 millóns anuais, co que “hoxe non temos servizo de Salvamento Marítimo por helicóptero”.

Os socialistas presentarán unha serie de iniciativas para preguntarlle ao goberno galego que explique cómo garantirá a continuidade do servizo de gardacostas e queren saber se está levando a cabo “algún tipo de negociación co empresa adxudicataria”.