OS SOCIALISTAS ACUSAN Á XUNTA DE FACERLLE “UN TRAXE Á MEDIDA” DA ADXUDICATARIA DO SERVIZO DE GARDACOSTAS “XOGANDO COA SEGURIDADE DOS GALEGOS E DAS GALEGAS”

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 28 Septiembre 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

Loli Toja denuncia que lle venderon dous helicópteros “a prezo de ganga” para despois contratarlle o servizo 7 millóns máis caro

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, acusou hoxe á conselleira de Pesca de facerlle “un traxe á medida” da adxudicataria do servizo de Gardacostas. Toja presentou unha pregunta oral logo de sinalar que a adxudicataria foi a mesma á que lle contrataron unha consulta sobre o custe do servizo despois de que o concurso convocado pola xunta quedara deserto en abril.

 

Denunciou a “xestión chapuceira e temeraria” do goberno galego co servizo de Gardacostas ao “poñer os intereses privados por enriba de Galicia, pero desta volta xogando coa seguridade das persoas do mar” con 100 sinistros en 17 anos.

 

Criticou que a Xunta vendeulle a prezo de ganga dous helicópteros á mesma empresa coa cal subcontrataron o servizo posteriormente, a mesma á que lle consultan sobre o custe do servizo e a única que se presenta á licitación “sen rebaixar un euro nin aumentar unha hora de Gardacostas”.

 

Esta empresa, Babcok, viuse “beneficiada pola xestión incompetente da Consellería do Mar”, á que lle venderon por 13 millóns dúas aeronaves que custaran 27, para pasar de pagarlle 2 millóns de euros a pagarlle 9 cada ano polo servizo de gardacostas.

 

Explicou que a Xunta presentou un novo concurso para esta concesión, que remata en novembro, por 40 millóns para 6 anos que foi declarado deserto, obrigando a facer unha nova licitación por 8,5 millóns anuais.