Comeza a campaña de primavera 2016

Información
Rios de Galicia y España 16 Abril 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

O 15 de abril da comezo a campaña de primavera do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 1 de xuño. Animámosvos a que saíades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Acordádevos de enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Estará tamén dispoñible o Xeovisor do Proxecto Ríos para inserir os resultados das vosas inspeccións. Se non tedes as chaves para entrar na plataforma, contactade a través do teléfono (981 57 00 99) ou o correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

  Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes. Recordarvos que o Curso de Formación será o día 23 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos e podedes ver toda a información na nova do curso na web.
  Se estás interesado en participar neste proxecto ponte en contacto coa coordinación do programa Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.