INSTALANDO UN TRANSFORMADOR NA BEIRA DO RÍO

Información
Rios de Galicia y España 16 Abril 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

transformadorriolarachaCando vimos de padecer unhas inundacións por desbordamentos do río Anllóns en toda a comarca, resulta que a empresa Hidroeléctrica Laracha está a instalar un transformador xustamente na beira do río, no concello da Laracha, en concreto na parroquia de Coiro (na zona entre Coiro e Erboedo). Si, efectivamente, está a instalar un transformador pegado ao río, sen gardar unha distancia de seguridade oportuna; de feito, como se pode apreciar nas fotos que se adxuntan (do pasado 30 de marzo), a zona vallada de obra onde se está a facer a excavación para a instalación do transformador aparece inundada. Ou sexa, se estivese xa instalado o transformador tería sido inundado.

Como é posíbel que Augas de Galicia e o concello da Laracha autoricen a instalación dun transformador pegado ao río? Cando todo o mundo quen te deixar, como é lóxico, unha distancia mínima ao río para calquera construcción.