Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

SEN MEDIOS PERO TAMÉN SEN MEDOS.

Información
Rios de Galicia y España 26 Abril 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Se hai case dous anos, en xullo 2014, enviábamos aos medios de comunicación a seguinte NOTA DE PRENSA sobre as sancións …, agora, durante as dúas últimas semanas, 17 membros da Plataforma Sarriana polo Río acaban de recibir as últimas sancións definitivas que porán fin á vía administrativa.

En total son 34 sancionados na teima por silenciarnos por parte do Subdelegado do Goberno e cuxas multas alcanzan definitivamente os 16.709 €. Ainda que non estea ben que nos califiquemos nós, a cívica e pacífica Plataforma xa tivo que pagar recentemente 8.000 € durante o primeiro trimestre de 2016 coas donacións de veciños, amigos, compañeiros, familiares e asociacións, a quenes queremos aquí manifestarlle a nosa gratitude.

Os restantes miles de euros terán que ser pagados si ou si nos vindeiros días se non queremos que nos embarguen das nosas nóminas ou contas con recargo de apremio e intereses de demora. CHEGOU O MOMENTO e queremos aquí facer un CHAMAMENTO URXENTE, AGORA XA SI, aos veciños, empresas e asociacións de Sarria e de alén destas terras que no seu momento agardaron a que finalizasen os expedientes. AGORA SI, FAI FALTA A VOSA AXUDA. A de todos os que na medida das vosas posibilidades poidades axudarnos con algo, unhas moedas, o que boamente poidades, nesta nova embestida do Goberno. Sabedes todos ben que nós só intentamos protexer pacíficamente o patrimonio natural e histórico de Sarria, a paisaxe da nosa vila.

BANCO SANTANDER:               ES14 0081 2211 86 0001059406

BANCO SABADELL GALEGO: ES09 0049 0457 31 2990687025

e en PayPal http://www.plataformariosarria.org/colabora/donar/

Que estabamos facendo en 2014 senón exactamente o que describe o Pte. da Xunta de Galicia na exposición de motivos da Lei 1/2016 cando fala de: contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o uso indebido dos cartos ou patrimonio públicos”?.

Sarria non vai olvidar estes intentos de represión do actual vicepresidente provincial do Partido Popular de Lugo, o Subdelegado do Goberno, Sr Carballo e de D.José Antonio García, actual Vicesecretario de Asuntos Xurídicos de PP de Lugo. Nin nós, nin os nosos familiares, amigos e veciños olvidaremos está coacción e ese burdo intento de sometemento na súa teima por silenciarnos por parte do partido do Sr. Núñez Feijóo e de D. Mariano Rajoy na súa pretensión de confundir cidadáns con subditos.

Sabemos que fracasaron estrepitosamente na súa inútil obra faraónica e que entre todos conseguimos manter a Illa do Toleiro, o bosque de ribeira e a súa fauna, e a ponte da R/Calvo Sotelo, ainda que perdimos a vella Ponte do Toleiro para que a Confederación nos puxera a popularmente denominada Maseira.

Non sabemos se quizais doidos porque recentemente o TSXG sentenciou contra a inactividade da Xunta de Galicia neste caso ou polo rotundo fracaso e afundimento dun proxecto que quedou en nada tras dous anos de zozobra sen rumbo, a cousa e que os compañeiros de partido do Pte. da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en funcións, manchando o nome das institucións e forzas da orde, decidíronse a que, xa que non nos amedrentaron, van intentar castigarnos por defender tamén as Leis nunha última teima de provocarnos, pero non o conseguirán e non arrancaran nin violencia nin insultos desta pacífica Plataforma.

As resolucións recibidas nestes días son:

-A/ 8 propostas de sanción de data 04/04/2016 por un valor total de 6.000 € no marco dos procedementos sancionadores nº 429 a 436 de 2014, incoados hai case dous anos (04/06/2014) polo Subdelegado do Goberno en Lugo relativos aos seguintes “gravísimos” FEITOS de hai máis de DOUS ANOS (26/03/2014) e que D. Ramón Carballo califica como GRAVES e impútanos: “descendió en barca hasta la pasarela del Toleiro provocando la paralización de las obras de encauzamiento”. Dito “desembarco” xa foi arquivado por prescrito no Xulgado de Instrucción de Sarria o 22 de maio do ano pasado. Asemade a EMPRESA ADXUDICATARIA DENUNCIANTE recoñeceu expresamente en dito procedemento xudicial que ese día estropeóuselle a grúa, pero non por culpa dos denunciados, ou sexa que parece que a obra a parou a grúa e non os balseiros, e que a “temible” acción dos membros da Plataforma só servíu para que botasen unhas risas tanto os operarios coma os veciños alí congregados.

Algunhas das cousas que intentaban evitar os “balseiros” eran estes VERQUIDOS do mesmo día e que xa foron sancionados o 27/01/2015 (expediente S/27/0023/14/V) trala denuncia da Gardería Fluvial e da Plataforma, ou estoutros RISCOS do día seguinte, cando manexaban placas de formigón de 8 toneladas sobre as cabezas dos transeuntes. Para aclarar o “riguroso” método de traballo da Confederación e da UTE anteriormente citada pódese ver estoutra HISTORIETA BASEADA EN FEITOS SURREALISTAS CUXO PARECIDO COA REALIDADE É PURA SEMELLANZAe que aconteceu cando, rematado o sancionado “desembarco”, ao estaren aterecidos de frío, sairon voluntariamente coas súas lanchas río abaixo mentres o río e a ponte quedaron desprotexidos.

-B/ Outras 9 resolucións desestimatorias dos nosos recursos de alzada, asinadas polo Dtor. Gral. de Política Interior e o Subdtor. Gral. de Recursos del Ministerio del Interior de data 18/04/2016, que fan firmes as sancións que alcanzan os 2.709 €, e nas que o Subdelegado do Goberno, D. Ramón Carballo (actual vicepresidente provincial do PP de Lugo), sanciona a 9 VECIÑOS por una presunta ou pretendida infracción da Lei 1/1992 sobre Protección de Seguridade Cidadá sancionando aos 9 cidadáns que o día 25/03/2014 din “encabezaban” dita manifestación (falso no caso da maioría deles xa que ían concretamente por detrás ou incluso algún non asistíu), que levaban unha temible pancarta de 1 m2 (que certamente levaban outras persoas distintas como se acreditou nas fotografías dos pliegos de decargo desestimadas polo Sr. Carballo), realizando case TODOS ELES discursos inexistentes, incluso a un deles como facía fotos da cabeza e cola da manifestación dende os balcóns, ou xunto a fotoxornalistas, impútanlle gratuitamente encabezala e ata ser promotor: “el sancionado encabezaba la manifestación y realizaba fotografías de los asistentes, siendo POR TANTO promotor de la misma”.

Iso foi o día en que que o pobo de Sarria espontaneamente decidíu saír á rúa, non por afán subversivo, senón por exceso de desesperación: ese foi o día en que botaron aos veciños dunha Illa sen vallar (como recoñecía no xornal o Subdelegado) e que fomos nós os que a salvamos da súa desaparición, o día en que comezaron a derrubar a centenaria ponte do Toleiro, actuacións polas que hai xente investigada xudicialmente a día de hoxe, o día en que centos de sarriaos, non só os multados, sentimos a necesidade de expresar a nosa rabia e a nosa impotencia, uns ante o desaloxo desa mañá e outros pola inminente perda da ponte do Toleiro.

A estes 8.709 € de sanción hai que sumarlle outros 8.000 € máis de sancións que poñían fin a outros expedientes na vía administrativa, que non xudicial, e recibidas ao longo do primeiro trimestre deste 2016. Ditas multas, que xa foron pagados pola Plataforma gracias á solidaridade de 200 familas e asociacións, son as seguintes:

-C/ 6.000 € polo pacífico DESALOXO da vella ponte do Toleiro o 24/03/2014. Nas denuncias se acusa a todos os denunciados do mesmo: "se niegan a salir del lugar, SE TIRAN AL SUELO, FORCEJEAN con los agentes y SALEN EN VOLANDAS PROVOCANDO a la gente y alterando el orden público", cousa que, alo menos en catro dos expedientados e sancionados é unha completa FALSIDADE, segundo se acreditou ao Subdelegado e ao Dtor. Gral. de Política Interior nos pliegos de descargo e recursos.

O Subdelegado en funcións contradícese a si mesmo xa que indicaba ao día seguinte no xornal: “ O DESALOXO EN TORNO AO RÍO SARRIA PRODUCÍSE “SEN INCIDENTES” ” e incluso afirmando que ata o día seguinte a zona estaba sen vallar.

-D/ 2.000 € pola nosa ADVERTENCIA de que a corta que estaban realizando os empregados da UTE adxudicataria das fracasadas obras de encanamento era ilegal, e así, como INFRACCIÓN GRAVE, foi tipificada finalmente polo Xefe Territorial da Consellería de Medio Ambiente (expediente SAR-2015) ao estar vixente nesa primavera a prohibición de corta mentres se tramitaba o expediente de catalogación do bosque de ribeira urbana de Sarria como Árbores Senlleiras.

Os feitos descritos nas denuncias e calificados como INFRACCIÓNS GRAVES (as nosas) polo Subdelegado do Goberno son istos: "profiriendo gritos y palabras malsonantes hacia los agentes, intentando provocar a la gente allí congregada, alterando la seguridad ciudadana", afirmación cuxa falsidade acredita o video anterior e que facilitamos no seu momento nos desestimados pliegos de decargo e recursos enviados ao Subdelegado e Ministerio do Interior en 2014 e 2015 xunto con fotografías e declaracións xuradas de testigos presenciais.

Por certo, apenas dúas horas máis tarde o Xulgado mandaba parar a corta das árbores que esas “perigosísimas activistas” estaban intentando evitar.

Neste VIDEO pódese ver unha das consecuencia da caida destas árbores sobre o chan ao romper tubaxes de augas fecais e que as “perigosísimas” rapazas intentaban tamén evitar. Tamén esa corta provocou a CAIDA dun enorme chopo sobre unha ponte de orixe medieval que figura protexida na Delimitación do trazado do Camiño no Decreto 227/2011 coma Elemento patrimonial do territorio histórico do BIC Camiño Francés, sen que houbese nese día a preceptiva supervisión arqueolóxica.

No seu intento fallido de silenciarnos, o Subdelegado do Goberno en Lugo en funcións, D. Ramón Carballo Paez, intentou e segue empeñado en amedrentarnos da maneira descrita. Pero olvida que ainda que non teñamos medios tampouco temos medos e seguimos decididos a seguir protexendo o patrimonio natural e histórico da Sarria mentres todas as administracións miran para outro lado, ou saen ao rescate da Confederación de D. Francisco Marín para protexer aos seus compañeiros de partido ou asinan servilmente convenios entre o Concello de Sarria e a Confederación co obxecto de destruir o pouco que vai quedando da nosa paisaxe. Tamén olvida o Sr. Subdelegado que non ten el a última palabra senón que as súas decisións serán revisadas polos Xulgados e posiblemente TERÁ QUE DEVOLVER O IMPORTE DE MOITAS MULTAS.

A estas alturas xa debía saber o vicepresidente provincial do partido da gaviota que pinchou en hoso e que, máis pronto que tarde, caera o telón asomando toda a tremoia.

Cando en febreiro de 2014 a UTE adxudicataria das obras nos denunciou na Garda Civil (denuncia arquivada no Xulgado) xa deberan entender que non nos ían silenciar. Máis tarde intentaron negociar ofrecéndonos que se quitabamos nós a denuncia por quebrantamento de medida cautelar xudicial eles retirarían a denuncia do “desembarco”, ao que evidentemente nos negamos rotundamente. ¿Quen comezou coa xudicialización do Encanamento? ¿Quen se negou a dialogar e incluso a recibirnos?

Nada nin ninguén é más antisistema no noso país que a propia Administración. Un grupo de cidadánsorganízanse para defender o que consideran xusto, o patrimonio natural e histórico da súa vila. Non queiman contenedores nin caixeiros. En lugar diso, estudanse con calma os resortes que o propio “sistema” lles ofrece. Empezan por pedir información. A resposta da Administración é ignoralos. Continúan por redactar un par de denuncias. A resposta da Administración é ignoralos de novo. As decididas movilizacións na rúa e no río, unha exitosa recollida de 8.000 firmas, o dichoso “facebook”, as notas de prensa… consiguen que a Administración dea por fin algún sinal de vida. As suas reaccións oscilan entre a soberbia (non considera necesario argumentar: bastalle con repetir, coma un mantra, os seus 3 ou 4 consignas politicamente correctas) e a tramposa condescendencia (aceptar algún cambio para que no esencial nada mude). Pero o rasgo que realmente define á Administración, e que calquera cidadán que tivera que lidiar con ela aprende ao instante, é o seu dominio das artes escénicas: ese mundo virtual no que ningunha palabra ten contido. Pensan que a súa verborrea é todopoderosa e pode crear a realidad a medida que lle dan libre curso. Un está vendo como cortan as árbores, pero a Administración afirma, tallante, que “vai respetarse a vexetación riparia”.

Plataforma detecta e denuncia uns verquidos no río, a Administración, que nin se enterara, exclama na prensa “¡sabotaxe!”. Si a lei lles esixe un “informe específico” de afección ao Camiño, a Directora Xeral de Patrimonio afirma que ten xa outro, boísimo, que vale “non só para o Camiño…”. Si a lei lles exixe “autorización expresa” para a talla aillada dalgún exemplar, a Directora Xeral non contesta a unha cuestión tan breve (¿si ou no?) e tira para adiante coas suas vaguedades, seguindo a vella estratexia de ¿Onde vas?/¡manzanas traio! Unha resolución xudicial paraliza a corta; a Administración (a quen madruga Deus lle axuda) arranca con nocturnidade e alevosía unha nogueira que lles estorbaba, e despois afirman na prensa que os membros da Plataforma adícanse a “desinformar”.

Preocupados, preocupadísimos, coa propagación do fungo Phytophthora alni nos ameneiros galegos, están dispostos a levantar da noite á mañá a sensata prohibición, en vigor desde hai 5 anos, de cortar amieiros a partir do un de abril. E así un largo etc. Qué é o seguinte que van a cambiar … o Decreto das Árboes Senlleiras, as Leis de Patrimonio Cultural de Galicia e a de protección dos Camiños de Santiago?, Pois si, dito e feito.

Despois parece extrañarlles, e ata apenarlles, que os índices de abstención non paren de aumentar. ¡Pero si eles son os antisistema! O pouco que funciona ben aquí, o único “sistema” que sostense, é o dos cidadáns libres que pelexan sen arrugarse polo seu.

E foi todo así, ás agochadas, primeiro acendendo as motoserras ao amencer nun frío luns de febreiro, logo talando unha nogueira na alborada mentres estaba vixente a paralización de tala xudicial e outra administrativa, e máis tarde acendendo a radial coa que a Confederación, e non outros, serrou a Ponte Ribeira, tamén ás agochadas nun festivo local, un 8 de setembro, xusto no día en que a vila de Sarria vacíase de xente para acudir todos a romaría da Virxe dos Remedios na parroquia de Cesar.

De todo iso xa advertiamos en ROLDA DE PRENSA o 28/03/2014, moito antes de que se achegaran á pechar ao tráfico a Ponte Ribeira hai DOUS ANOS, e que como pouco estará cortada ata o outono 2017, e todo iso debido, entre outras cousas, á incapacidade de diálogo da Confederación Hidrográfica e do Sr. Pte. da Xunta, que dende hai máis dun ano néganse a reunirse coa Plataforma, e máis ao seguidismo dos anteriores e actuais membros do grupo do Goberno do Concello de Sarria, cuxa falta de talante democrático púxose de manifesto ao tamén reprimir a liberdade de expresión da veciñanza retirando as pancartas da Plataforma (tanto o anterior Alcalde -actual Vicesecretario Asuntos Xurídicos de PP de Lugo- como a actual Alcaldesa, chegando esta última a solicitar proxecto constructivo, da pancarta!!!, e licenza de obra no pasado 2015).