Á veciñanza que protexe o río, 17.000€ de multa; á administración que incumpre a lei, sanción de 1.062€

Información
Rios de Galicia y España 29 Abril 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

cid part2 04060706 01000902adegaDefender o río e a legalidade fronte ás arbitrariedades das administracións ten un prezo: preto de 17.000€. Este é o importe total das multas con que a Subdelegación do Governo en Lugo impuxo a 34 veciños e veciñas de Sarria por evitaren a tala do bosque de ribeira do río Sarria ao seu paso pola vila. O órgano guvernativo considerou que en 2014, as persoas que

saíron á rúa a evitar a tala ilegal do bosque de ribeira e a urbanización do río que pretendía a Confederación Hidrográfica, cometeron "graves desordes".
Pola contra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta, vén de impoñer á Confederación Hidrográfica unha multa de 1.062€ por infracción grave da Lei de Patrimonio Cultural, por alterar a contorna do Camiño Francés ao seu paso pola vila de Sarria, xustamente o que tentaban evitar os veciños e veciñas sancionados/as pola Subdelegación do Governo.
Se ben a multa de Patrimonio á CHMS debería ter unha contía de entre 60.000 e 150.000€ (art. 91h da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galiza), na instrución do expediente a Xunta reducíu a sanción a 3.000€ que finalmente a Directora Xeral deixou en 1.062€.
Dende ADEGA queremos expresar a nosa indignación pola inxustiza e o agravio comparativo que supón reprimir á veciñanza que defende a legalidade fronte á arbitrariedade da administración infractora, que pola súa banda, e malia ao seu ilegal proceder, recibe unha sanción ridícula.

Solidariedade coa veciñanza reprimida

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo." vspace="3" hspace="3">

A Plataforma Sarriana en defensa do río pon a disposición da cidadanía dúas contas bancarias para recadar fondos en solidariedade cos 34 veciños multados:

  • Banco Santander, ES14 0081 2211 86 0001059406
  • Banco Sabadell Gallego, ES09 0049 0457 31 2990687025.

Ligazóns

Novas relacionadas