Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

OS CONCELLO DE PONTE CALDELAS CONTINÚA EN PARADELA E GRADÍN O SEU PERIPLO POLAS CASAS DO POBO DO MUNICIPIO COA DEGUSTACIÓN ITINERANTE DE TROITAS

Información
Rios de Galicia y España 04 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

IMG 1971 copiaAproveitaron o bo tempo para montar as mesas e a cociña no exterior da Casa do Pobo de Paradela o que favoreceu a presencia de moitos veciños

Ponte Caldelas, 4 de maio de 2016

O Concello de Ponte Caldelas continuou no Centro Sociocultural de Paradela o seu periplo de degustación itinerante de troitas por tódolos centros sociais do municipio con motivo da celebración do 50 aniversario da Festa da Troita. Nesta ocasión tocoulle o turno aos veciños de Gradín e Paradela, lugar este último onde se fixo a degustación debido que é o que ten local social.

O bo tempo que se disfruta estes días en Ponte Caldelas permitiu montar no exterior do Centro Social de Paradela as mesas de degustación e a cociña o que favoreceu que moitos veciños puderan achegarse ata ahí para celebrar o 50 aniversario da Festa da Troita.

Á degustación realizada en Paradela acudiron o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o tenente de alcalde do BNG Lito Muíños, a concelleira socialista Pilar Couto Seoane e os veciños asistentes a este evento agradeceron a deferencia do Concello de Ponte Caldelas en compartir a conmemoración das vodas de ouro desta festa cos residentes en tódolos lugares e parroquias do municipio.

Como cociñeiros volveron a exercer os coñecidos Antonio Rocha e Enrique Lafuente que estiveron auxiliados por un grupo de voluntarios que tamén se desprazarán aos centros sociais do municipio para seguir con estas degustacións. Este equipo humano é tamén o que, ano tras ano con incorporacións e baixas, vanse facendo cargo dos stands de degustación que se ubican na Alameda de Ponte Caldelas.