Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

NENOS DO CEIP CORDO BOULLOSA DE PONTE CALDELAS PARTICIPAN NA SOLTA DE 1.000 ALEVÍNS DE TROITA NO DIA EN QUE SE LLE VOLVE A CONCEDER A BANDEIRA AZUL Á PRAIA FLUVIAL DE A CALZADA

Información
Rios de Galicia y España 05 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

IMG 2104 copiaO alcalde, Andrés Díaz, relacionou o seu compromiso coa defensa harmónica do río Verdugo desde un punto de vista medioambiental e de lecer cidadá e alegrouse pola nova concesión deste distintitivo europeo de calidade. "Confírmase que para nós o río é prioritario e que non se están facendo as cousas nada mal senón todo o contrario como o demostra este recoñecemento internacional"

Ponte Caldelas, 5 de maio de 2016

Alumnos do CEIP Cordo Boullosa acompañados polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o presidente da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo, José Ramón Blanco, e técnicos da Consellería de Medio Ambiente procederon a soltar uns 1.000 alevíns de troita coas que se está procedendo a repoboar o río Verdugo, xusto no momento en que ADEAC renovaba a Bandeira Azul para a praia fluvial de A Calzada por segundo ano consecutivo tras ser a primeira de España destas características en conseguila o pasado ano.

O alcalde, Andrés Díaz, relacionou o seu compromiso coa defensa harmónica do río Verdugo desde un punto de vista medioambiental e de lecer cidadá e alegrouse pola nova concesión deste distintitivo europeo de calidade. "Confírmase que para nós o río é prioritario e que non se están facendo as cousas nada mal senón todo o contrario como o demostra este recoñecemento internacional", sinalou satisfeito.

Os exemplares de troita que se soltaron no río Verdugo foron trasladados ata diversos lugares nunha pick-up especialmente adaptada para levar un colector de auga no que puidesen viaxar os alevíns con completas garantías.

Os nenos, previamente á solta e acompañados polas súas profesoras, recibiron unha completa explicación sobre as características dos peixes de río que abundan en Galicia, así como do método utilizado para o transporte e solta dos alevíns.

Por quendas, os alumnos foron colaboraron na solta das troitas en varios lugares do tramo do río Verdugo que discorre entre a praia fluvial e a ponte da vila.

Esta actuación leva a cabo días antes do concurso internacional de pesca, que se celebrará o fin de semana do 28 e 29 de maio, con motivo da L Festa da Troita. Estes exemplares novos, de entre 13 e 17 centímetros, foron liberados no curso baixo do río, a partir da praia fluvial e na zona dedicada á pesca sen morte, onde concursarán nenos e veteranos pescadores que teñen a obrigación de devolver ao río as súas capturas.

Esta iniciativa repobladora, promovida polo alcalde, Andrés Díaz, leva a cabo en colaboración cos centros educativos dentro da vocación de sustentabilidade e defensa dos valores ambientais que desde o Concello de Ponte Caldelas quéreselle dar cun novo enfoque á Festa daTroita.