O BNG de Teo congratúlase de que o goberno municipal de SondeTeo+PSOE inicie os trámites para a declaración BIC da ponte de Pontevea

Información
Rios de Galicia y España 31 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

BNGdeTeo PonteveaO BNG de Teo congratúlase de que o goberno de SondeTeo/PSOE decida iniciar os trámites para a declaración BIC da ponte de

Pontevea, aínda que sexa un ano despois de que o Pleno de Teo aprobara que se instara á declaración de Ben de Interese Cultural á ponte medieval

que une Teo coa Estrada.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, destacou que “

ao

goberno municipal entroulle a ansia un ano despois malia que conta con

seis dedicacións

, o acordo plenario quedou esquecido e xa leva máis dun ano

no caixón da alcaldía.” E engadíu con retranca que “parece que para

SondeTeo/PSOE como a ponte leva alí máis de cincocentos anos tampouco vai

pasar nada porque transcorra outro ano máis…”

Por outra banda, a Fernández Baz chámalle a atención o afán ocultista do

goberno municipal e máis aínda cando falamos de acordos plenarios, e neste

sentido pregúntase “cal é a razón de que o goberno municipal oculte que a

tramitación da declaración BIC da ponte xa foi aprobada por unanimidade no

Parlamento, e mesmo de que non se mencione en ningún momento que no

Pleno do Concello de Teo de marzo de 2015 se aprobara unha moción do BNG

instando a iniciar os trámites para a declaración BIC do monumento.” O

nacionalista conclúe que

“no goberno de Teo hai unha ansia ocultista máis

propia de gobernos anteriores. O goberno municipal substitueu os feitos

pola propaganda, polo autobombo. Mágoa.”

Desde o BNG de Teo ínstamos ao goberno municipal a que abandone a

propaganda e o sectarismo, para a que, por certo, destinou importantes

partidas no orzamento para 2016, e que se aplique para resolver os problemas

dos veciños e das veciñas de Teo.