Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

Máis de 400 palistas descenderán en piragua as augas do río Miño desde Os Peares até o encoro de Velle

Información
Rios de Galicia y España 07 Junio 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

infomiho propietariaderechosfotografiaAs augas do río Miño acollerán, o vindeiro sábado 18 de xuño, a edición número 48 do Descenso do río Miño desde Os Peares até o encoro de Velle, un tramo de 17 quilómetros no que participarán máis de 400 palistas de 40 clubes de Galicia, Asturias, León e Portugal. A proba, presentada esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense, quere combinar a competición deportiva co lecer: “Recuperamos esta grande proba pero engadimos, por vez primeira, o descenso popular e unhas xornadas de iniciación para cativos de 10 a 17 anos”, apuntou Jesús Vázquez, alcalde da cidade.

Non podemos desaproveitar oportunidades coma esta, de poñer en valor un dos nosos patrimonios fundamentais, a auga”, dixo o rexedor. Precisamente sobre o río falou Julio Masid, director territorial de Viaqua -patrocinador principal do evento- quen subliñou que “unha actividade nunha contorna medioambientalmente coidada é un motivo de orgullo para todos”.

No eido deportivo, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, destacou que o piragüismo é unha modalidade da que Galicia pode sacar peito: “Somos os primeiros no ránking de licenzas, catro de cada dez das que hai en España son galegas”, dixo, “pero tamén cómpre salientar que das 18 medallas olímpicas no piragüismo, nove son galegas”. Así que foi un olímpico o encargado de pór en valor a vistosidade da proba: “É un dos descensos máis numerosos da nosa comunidade, pero máis alá da importancia competitiva, hai que salientar o importantísimo compoñente de lecer tanto para a xente que participe no descenso como para quen dedique un sábado a gozar das paisaxes do río cheas de piraguas”, comentou José Afredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo. E de olímpico a olímpica.

A coordinadora do Consello Municipal de Deportes, Marta Míguez, adiantou os requisitos para anotarse nas probas non competitivas: Os cativos de 10 a 17 anos poderán anotarse nunha das tres quendas de 45 minutos, dirixidas por un técnico da Federación de Piragüismo, na web fegapi.org. Nese mesmo espazo web poderán tamén apuntarse os adultos que queiran anotarse no descenso popular de 7'5 quilómetros desde Barra de Miño. O prazo de inscrición en ambos casos remata o vindeiro 15 de xuño. Só é preciso saber nadar.