O programa Goza do Ulla recala domingo en Vilagarcía co roteiro “A Cortegada polos Lombos do Ulla”

Información
Rios de Galicia y España 20 Junio 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image
O programa “Goza do Ulla” recala este domingo en Vilagarcía onde se desenvolverá o roteiro “A Cortegada polos Lombos do Ulla”. A participación neste programa é gratuíta pero, a efectos organizativos, os interesados deberán inscribirse previamente chamando ao teléfono 986 099 200 extensión 214 ou a través do mail  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . O roteiro parte do peirao de Carril e permitirá visitar os petróglifos dos Ballotes  e chegar ata Fontefría, nun percorrido cunhas excelentes vistas á desembocadura do Ulla e á illa de Cortegada integrada no parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atllánticas.
15.06.2016.- Os camiñantes deberán atoparse ás 9.30 horas no peirao de Carril (zona da Alameda). Dende alí e tras reparar na Illa de Cortegada e nos viveiros caracter´ñisticos da localidade e onde se cultiva a famosa ameixa de Carril, a expedición pasará pola igrexa de Santiago Apóstolo e a capela de san Roque para dirixirse ao petrófligos dos Ballotes, unha representativa e valiosa mostra da milenaria arte rupestre.
A ruta continuará polas falda do monte Xiabre ata chegar ao miradoiro de Bamio dende onde se fará unha parada para gozar das excelentes vistas dos Lombos do Ulla, unha rica zona de libre marisqueo, e da desembocadura do Ulla xusto onde xurde Cortegada. Posteriormente, a  expedición retomará o paseo polas pistas de Xiabre dende onde poderán admirar excelentes panorámicas de Vilagarcía e a Ría de Arousa. A camiñata concluirá no merendeiro de Fonte Fría onde un autobús recollerá aos participantes para devolvelos ao punto de partida.
O tempo estimado do percorrido é de 4 horas.