Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

Denuncian a situación na que se atopa o río Sar no treito que vai dende a ponte de Iria ata o paseo do Espolón en Padrón

Información
Rios de Galicia y España 01 Septiembre 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) na súa delegación de Compostela denuncia a situación na que se atopa o río Sar no treito que vai dende a ponte de Iria ata o paseo do Espolón en Padrón.

Debido á ruptura da presa da canle de derivación a auga que discorre polo cauce do río Sar estase a drenar polo burato da presa coa subseguinte perda de caudal augas abaixo. Isto provoca, sumado ás inexistentes precipitacións destes últimos meses, que no treito sinalado o río Sar estea practicamente seco, chegando ao límite de auga necesario para o mantemento da vida acuática ao non garantirse o caudal ecolóxico.

Dende ADEGA alertamos da grave situación que se está a producir e reclamamos que tanto o Concello de Padrón como Augas de Galicia solucionen este problema taponando o burato por onde se drena a auga para que volva a fluir polo leito do Sar.