Juan José Cruz foi ao pleno o ENIL, e o PP e jjcruz (tránsfuga) votaron en contra, polo que as Fragas de Catasós siguen a "merced" de Fenosa ...

Información
Rios de Galicia y España 11 Septiembre 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

125146Que mellor forma de describir o que aconteceu ( o xoves día 7) no pleno de Lalín, onde o PP e o tránsfuga denegaron o ENIL e a protección para a fraga das Casas Vellas, como fai Celso Fernández Sanmartín:

Sei que os plenos municipais non son o sitio de cambiar pareceres porque xa todo chega, como é natural, falado de antes, así é máis práctico, pero hoxe, na votación perdida para poderlle solicitar á Xunta de Galicia (só era ese paso hoxe) que valorara a posibilidade de nomear Casas Vellas como Espazo Natural de Interese Local (o que xa é máis que obvio) e poder así ter unha ferramenta pronta para evitar que Gas Natural Fenosa crucen innecesariamente unha Liña de Alta Tensión por alí … non comprendín o trasfondo do "xogo político", e menos entendín o esperpento dialéctico dun concelleiro que pasou a ser "non adscrito" (ó que por suposto ten dereito) e funciona, exactamente, coma unha peza solta saltando dentro dunha máquina que debe funcionar para ben de tod@s, votando caprichosamente en contra, frívolamente, desta proposta despois de dicir que non se sentía competente para xulgala, que o superaba… non comprendo, non comprendo,… agora máis ou menos teño unha idea do que é emitir xuízos sumarísimos inconscientemente

Uf… que medo…

José Gaos deixou escrito o 30 de xuño de 1962

"Parece que el gobierno más apropiado para individualistas anárquicos sea la dictadura personal y que la democracia liberal sea el más apropiado para solidarios tolerantes"

Viva Casas Vellas viva!

Salvemos Catasós

O pasado xoves Juan José Cruz foi ao pleno o ENIL, e o PP e jjcruz (tránsfuga)  votaron en contra, polo que as Fragas de Catasós siguen a "merced" de Fenosa ...

"A esta situación chegouse porque no ano 2014 o Partido Popular de Lalín encabezado por José Crespo, deron o visto bo ao paso da liña de alta tensión Lalín - O Irixo, polas fragas de Casas Vellas e polo tanto, polas Fragas de Catasós, a pesar de ter en contra a multitude de veciños