Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

O Concello principia o proceso de adquisición de terreos nas marxes do Anllóns ao seu paso pola capital municipal para ampliar as zonas verdes

Información
Rios de Galicia y España 10 Octubre 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

        Bosque do Añón                                                                                                                                                                                    

Bosque do Añón (Foto: www.antoniofernandez.eu)

O Concello de Carballo informa de que está aberto o proceso para a adquisición de terreos na marxe do río Anllóns ao seu paso pola capital municipal co obxecto de ampliar as zonas verdes na vila. Os veciños e veciñas que sexan titulares dalgunha ou dalgunhas das parcelas especificadas no prego de condicións e que son susceptibles de compra poderán presentar as ofertas nun prazo de 26 días a partir do venres 7 de outubro (inclusive).

 Entre os criterios de adxudicación terase en conta, en primeiro lugar, a proximidade á canle fluvial. En concreto, terán preferencia os propietarios e propietarias das parcelas catastrais ofertadas cuxa localización se atope no ámbito da zona 1 recollida no prego de condicións.

A proximidade á zona preferente marcada polo Concello será o principal criterio de adxudicación, seguido do prezo ofertado

En caso de empate, terán preferencia as parcelas dos propietarios que oferten un prezo máis baixo. O concello de Carballo adquirirá as parcelas catastrais ofertadas, conforme aos criterios de adxudicación sinalados no prego ata a contía máxima de 200.000 euros e o prezo máximo de saída que poden presentar os ofertantes é de 6 euros o metro cadrado.

Máis información

As proposicións para tomar parte na licitación presentásense en dous sobres pechados, no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas antes do 2 de novembro. Os interesados e interesadas tamén poden obter información na Casa do Concello, Praza do Concello s/n, 15100, 981 704 100, no Servizo de Contratación.
Toda a información, incluídas as especificacións do prego de condicións polo miúdo poden consultarse:

Ligazóns

Descargas