Imprimir
Categoría: Rios de Galicia y España

O regato San Martiño libre de vertuduras de augas residuais

Información
Rios de Galicia y España 21 Octubre 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

A conexión de Malvas e Pexegueiro á estación de bombeo de Areas, tras a súa ampliación foi clave na limpeza do río

Venres, 21 de outubro de 2016. As parroquias de Malvas e Pexegueiro están xa conectadas a rede de saneamento do Concello de Tui, evitando así as verteduras ao regato  San Martiño que existía nesas dúas parroquias. Isto é posible grazas a posta en funcionamento hai uns meses da ampliación da estación de bombeo de augas residuais de Areas, ás que se veñen de conectar os sistemas de saneamento destas dúas parroquias. Deste xeito o regato San Martiño caracterízase hoxe pola limpeza das súas augas libres de calquera contaminación, que so tiñan como puntos negros algún vertidos que se realizaban de forma descontrolada en Malvas e Pexegueiro.

A posta en marcha da Estación de Bombeo de Augas Residuais de Areas permitiu dar servizo a máis de 3 mil veciños dos núcleos de Areas, Randufe, Pexegueiro, Malvas, así coma ao Parque Empresarial de Areas. A execución da ampliación desta infraestrutura, cun novo pozo de bombeo cara a EDAR de Guillarei, supuxo un investimento superior aos 450 mil euros  por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e de Augas de Galicia. Na actuación contemplouse remodelación dos colectores existentes e reposición dun pozo deteriorado situado no regato San Martiño.