O Alcalde de A Laracha intenta a toda costa "remendar" o presunto delito de apropiación indebida de cartos públicos que se siguen no Xulgado 3 de Carballo a instancias da Fiscalía

Información
29 Agosto 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

josemanuellopezvarelachuchipandasO Consello Consultivo devolveu o expediente ao concello por falta de “tramitación procedemental esixible” e por “defecto no acordo de inicio do procedemento de revisión” o que deixa destapado os modos e formas de actuar cos cartos públicos polo alcalde José manuel López Varela (PP).

É sabido que o alcalde da Laracha ten un procedemento aberto (dilixencias previas) no xulgado nº 3 de Carballo, desde setembro do ano pasado, por un presunto delito de “apropiación indebida”, por denuncia da Fiscalía. O caso é por unha obra contratada e pagada polo concello a unha empresa, obra que ademais foi subvencionada pola deputación, e que presuntamente podería non terse realizado. O alcalde da Laracha sempre defendeu que todo o proceso deste contrato se fixera correctamente, seguindo a tramitación legal, e que a obra estaba completamente executada.

Pois ben, resulta que no mes de marzo deste ano o concello da Laracha acordou iniciar un expediente de revisión de oficio deste contrato, de hai catro anos. O Alcalde de A Laracha intenta a toda costa "remendar" o presunto delito de apropiación indebida de cartos públicos que se siguen no Xulgado 3 de Carballo a instancias da Fiscalía ++

Noticias relacionadas

Evaristo Lareo Viñas. Corsarios del siglo XXI

Evaristo Lareo Viñas Guarda a la usanza de 1849