A cita divídese no Open Pesca Razo Surfcasting (o #pescarazo surfcasting), que terá lugar o 3 de outubro; e o Open Pesca Razo Spinning (o #pescarazo spinning), que terá lugar o 4 de outubro. No primeiro caso a competición consiste no lanzamento de cana dende a orilla, logo clávase a cana e espérase a que piquen; a segunda modalidade require máis interacción coa auga e é unha disciplina moi recente, na que os pescadores lanzan e recollen a cana empregando un peixe artificial. O concurso desenvolverase arredor do Camping de Baldaio, establecéndose áreas de pesca de 30 metros de ancho dende a zona de camping en dirección a Razo. Sousa explica que nestes momentos está confirmada a presenza de campións de Galicia e da Coruña na proba, na que se calcula que participarán entre 50 e 75 persoas por categoría. A praia de Razo-Baldaio acolle o primeiro Open de pesca deportiva de Carballo, que repartirá 2.000 euros en premios+++ {jcomments on}