Jose Ramón Val, acusa a Rosa Quintana de darlle as costas totalmente aos mariñeiros que traballaron en Noruega no sector do cerco

Información
20 Enero 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

“A situación de ambos colectivos reflicte a inacción e a pasividade do goberno galego”, asegura no Parlamento José Ramón Val

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016. Os socialistas galegos denunciaron hoxe no Parlamento a situación de “abandono” na que se atopan os mariñeiros galegos que traballaron durante anos en barcos de Noruega e os do sector do cerco.

Na presentación de dúas proposicións non de lei en comisión, rexeitadas polo Partido Popular, o portavoz de Pesca do PSdeG, José Ramón Val, lamentou que “teñamos que falar de novo destes dous problemas, xa que no anterior período de sesións a Xunta non fixo nada polos traballadores afectados”.

“As continuas manifestacións dos mariñeiros galegos que traballaron durante anos en barcos de Noruega reflicten a inacción e a pasividade da Xunta, un colectivo que camiña só para reclamar o que é xusto, o recoñecemento do dereito a unha pensión e a devolución dos millóns de euros en impostos que pagaron de forma indebida”, afirmou Val.

“A Xunta pide paciencia, pero os socialistas demandamos xa en varias ocasións que realice as xestións necesarias ante o Goberno central para presentar unha demanda contra Noruega ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por discriminar aos traballadores”, engadiu o deputado do PSdeG, que esixe unha reacción por parte do Executivo de Feijóo.

Con respecto aos traballadores do cerco, José Ramón Val manifestou que “non debe pensar a Xunta que a última reunión de Madrid soluciona os problemas do sector, os afectados levan 93 días acampados diante de San Caetano sen obter resposta por parte do Goberno galego”.

“A solución para o sector é modificar os criterios históricos por outros nos que entren aspectos socioeconómicos, o único que queren facer os traballadores do cerco é traballar, saír ao mar”, rematou o portavoz de Pescados socialistas galegos.