Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Comité de Empresa do centro industrial de Pescanova en Arteixo (antiga Bajamar Sétima) denuncia a inmobilidade da empresa que, logo dun ano de negociacións para o novo convenio, continúa estancada no seu empeño de recortar dereitos laborais para o actual cadro de persoal e profundar moito máis nos recortes laborais para futuros traballadores e traballadoras que se incorporen a este centro.

As posturas de cara a acadar un acordo para un novo convenio colectivo, engaden, "están tan afastadas como ao inicio da negociación, a pesar dos desexos trasladados pola empresa de chegar a un novo convenio ao longo deste mes". Porén, a empresa mantén unha postura totalmente inmobilista e continúa enrocada en acadar un incremento de xornada anual en 16 horas durante a vixencia do convenio (2016-2020).

 

Asembleas o día 13

Así as cousas, o Comité e as centrais acordaron convocar asemblea de traballadoras/es para o martes, 13 de decembro, para informar e debater os termos da que até o de agora é a última proposta da empresa e valorar as accións que se estimen colectivamente oportunas. A primeira das asembleas celebrarase nas instalacións da antiga Bajamar Sétima ás 13:30 e a segunda as 14:00 horas.

A cambio desta suba das horas de traballo, a empresa oferta un incremento salarial do 0.46% para o ano 2017 e do 0.46% para 2018 e un incremento salarial dun 0.5% por cada ano de vixencia. "Cantidades irrisorias", tendo en conta que os traballadores e traballadoras de Pescanova levan dende o ano 2012 aceptando a conxelación salarial, "nun xesto de máxima responsabilidade, mentres a matriz do grupo primeiro e despois as filiais pasaban polo proceso de concurso de acredores".

Unha vez pasado ese período "delicado" para o grupo, o cadro de persoal esixe na negociación deste convenio incrementar o seu poder adquisitivo nunha porcentaxe digna e que compense a perda sufrida durante os anos de conxelación.

Por outra banda, a empresa insiste en conxelar o plus de antigüidade, o que supón perder un 6.5% de salario por cada trienio. Ademais, esta medida repercute sobre o cálculo do resto dos conceptos para os que se ten en conta o importe da antigüidade que se está a cobrar (por exemplo, as pagas extraordinarias).

Recortes para o persoal de nova incorporación

A respecto da proposta en materia de salarios na que sigue teimando a empresa para o persoal de nova incorporación, en comparación coa actual táboa salarial, suporía perdas que poden acadar os 630€/ano, os 6.000€/ano para unha categoría de oficial de mantemento, os 7.000€/ano no caso dun técnico ou técnica titulada ou os máis de 15.000€ que perdería unha persoa contratada coa categoría de grao medio ou similar.  

O Comité e as tres centrais sindicas con representación (CIG, CCOO e UGT) advirten que baixo ningún concepto están dispostos a asumir este recorte e consideran que esta proposta "non é digna de maior valoración, tras dun ano de negociacións".

De igual xeito, consideran sorprendente que estas alturas a empresa manteña a pretensión de recortar días de permiso por distintas circunstancias familiares. Tal é o caso do permiso por nacemento de fillas/os que até o de agora era de 5 días e que pretende reducir a 3; ao igual que os días de permiso no caso de enfermidade de familiares de primeiro grao.

"Queremos o mesmo plan de crecemento para o persoal"

Dende a representación social denuncian que a pretensión da empresa na mesa de negociación dista moito das declaracións do conselleiro delegado do grupo sobre a boa marcha da compañía. O propio Ignacio González destacaba na prensa hai unhas semanas o incremento das vendas (un 6% durante o 2016), as previsións de multiplicar por catro a actual ebitda (dos 35 millóns en 2015 aos 139 millóns),  ou o recoñecemento que continúa a ter a marca Pescanova entre os/as consumidores/as, a pesar dos acontecementos dos últimos anos e o contexto de crise.

Fronte a esta visión positiva, Comité e sindicatos denuncian que "as pretensións de cara ao cadro de persoal van no camiño contrario". Por iso, esixen para as traballadoras e traballadores "o mesmo plan de crecemento en dereitos e poder adquisitivo que a empresa ten para si propia, posto que o persoal contribúe de maneira fundamental ao desenvolvemento do  Grupo Nueva Pescanova".

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +