O sector naval privado en Galicia diante do 2017

Información
10 Enero 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • EstaleirosO 2016 deixa en mínimos históricos o balance de actividade e emprego nos estaleiros galegos
  • Para 2017, con indicadores positivos, agárdase un aumento dun 40% da actividade do sector   

A Federación de Industria de CCOO analiza a situación do sector naval privado para 2017 O 2016 deixa un balance de actividade e emprego nos estaleiros galegos de mínimo histórico. Este fin de ano remata con algúns indicadores positivos que farán que no 2017 aumente a actividade do sector un 40 %. O incremento consolidado na fin de ano xerará un aumento de arredor de mil empregos durante o primeiro e segundo trimestres de 2017. Os datos correspóndense cunha carteira de pedidos composta por vinte buques e por volta das 115.000 CGT.
Destaca o importante traballo desenvolvido por Nodosa, en Marín, dende que adquiriu as instalacións da extinta Factoría Naval; os contratos asinados recentemente de Vulcano e Metalships, tras dun período de cinco e catro anos respectivamente sen contratación de buques; e agardar que as expectativas de contratos manifestadas polo presidente de H. J. Barreras para xaneiro se traduzan en pedidos no 2017. Dende CCOO industria chamamos a atención sobre dous aspectos concretos: — A incapacidade manifesta para xerar sinerxías na actividade comercial. — A necesidade de rexuvenecer parte dos cadros de persoal e intensificar a recualificación dos traballadores do sector para adaptalos a unha nova realidade tecnolóxica á que tamén ten que se incorporar o noso sector naval. O sector non fica nin moito menos alleo á actual situación da construción naval no mundo, onde a demanda de construción de buques se mantén moi baixa agás nalgún sector como o de pasaxe e pesca; isto xa provocou a desaparición de preto de catrocentos estaleiros dos case 1200 que se mantiñan operativos no mundo en 2010.